Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Este martes probarase o sistema ES-Alert na Coruña e Arteixo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Este martes probarase o sistema ES-Alert na Coruña e Arteixo

Redacción
Publicado: 14/10/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

es-alert_coruna_2024.jpgOs concellos da Coruña e Arteixo (e zonas limítrofes nos concellos de Oleiros, Culleredo, A Laracha e Carballo) participarán este martes ás 10:00 horas nun simulacro do sistema ES-Alert, de xeito que os teléfonos móbiles da zona emitirán un chío a máximo volume (aínda que o dispositivo estea en silencio) acompañado dunha mensaxe de texto que debe aceptarse. Deste xeito quere familiarizarse á poboación sobre o sistema de alertas que en situacións de emerxencia serviría para comunicar información sobre como actuar.
A activación do Plan de Emerxencia Exterior de A Grela-Bens presentouse o pasado xoves nun acto presidido por Diego Calvo, ao que tamén asistiron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo.
O simulacro está coordinado pola Xunta en colaboración cos concellos da Coruña e Arteixo e coa empresa Repsol Butano. Comezará arredor das 10:00 horas coa simulación dun accidente nas instalacións desta factoría coruñesa que obrigaría a activar o plan de emerxencias exterior do parque industrial. Simularase un fallo mecánico nunha cisterna de propano que provoca un incendio con varias persoas feridas e un accidente de tráfico na zona entre un vehículo e unha furgoneta con traballadores.
Se ben as áreas de posible afección en caso de accidente neste plan se circunscriben ao entorno inmediato das instalacións industriais, optouse por ampliar as zonas de aviso á totalidade dos concellos. As persoas que nese momento se atopen nos municipios da Coruña ou Arteixo e zonas lindeiras recibirán unha mensaxe nos seus teléfonos móbiles que lles informará da situación. Ao mesmo tempo, e como xa ocorreu noutros simulacros anteriores, activarase un sistema de sirenas que instaría á veciñanza do entorno máis próximo a adoptar determinadas medidas de autoprotección en caso de emerxencia real.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?