Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo CESGA será «o mellor exemplo da Galicia futura»
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo CESGA será «o mellor exemplo da Galicia futura»

Redacción
Publicado: 18/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

241018_educacion_centrosupercomputacion_mac-02.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe a parcela na que se construirá a nova sede do CESGA por valor de máis de 12 millóns de euros e no que se albergarán novas infraestruturas tecnolóxicas avanzadas. Rodríguez definiu este proxecto como «o mellor exemplo da Galicia futura» e aproveitou a ocasión para realizar unha primeira valoración dos Orzamentos do seu departamento para o vindeiro ano, que medrarán ata superar por primeira vez os 3.000 millóns de euros.
Trátase dun crecemento do 2,2 % e acadan un novo récord histórico, o que se traduce en 66 millóns de euros máis a disposición do ensino e do I+D+i da nosa Comunidade, que ten en Compostela un dos seus referentes.
Acompañado da directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e do director do CESGA, Lois Orosa, o conselleiro avanzou que o vindeiro luns o Consello da Xunta aprobará a construción do novo edificio do CESGA, unha entidade cuxa titularidade é compartida entre a Xunta de Galicia e o CSIC. A súa delegada en Galicia, Carmen González, estivo tamén presente no acto de presentación. En conxunto, o novo CESGA superará os 56 millóns de euros, a través de fondos propios da Xunta e fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia. Para a edificación, resérvanse máis de 12 millóns de euros.
Así mesmo, o conselleiro anunciou que a Xunta, a través da Lei de medidas fiscais e administrativas, vai crear a figura de proxecto estratéxico de investigación de iniciativa pública. O CESGA será o primeiro en solicitar esta declaración, co fin de facilitar ao máximo os trámites e prazos para levalo a cabo antes de xuño do ano 2026.

A parcela

241018_educacion_centrosupercomputacion_mac-00.jpgLocalizada no polígono da Sionlla, a parcela na que se levantará o edificio conta cunha superficie de máis de 9.100 metros cadrados e cumpre todos os requirimentos imprescindibles para desenvolver un proxecto desta complexidade técnica, así como todos os requisito urbanísticos que garanten a axilidade na construción, pois o edificio debe estar rematado no período previsto para a xustificación dos fondos europeos que Galicia ven de recibir. Terá unha superficie construída de 2.500 metros cadrados.
Román Rodríguez salientou que o novo CESGA é «un dos proxectos estrela da Consellería nesta lexislatura», cun edificio moderno que vai acoller novas estruturas de supercomputación, con máis capacidade, «buscando estar á vangarda en Europa, para dar servizo tanto aos nosos científicos como ás nosas empresas».
Neste senso, lembrou que dos 56 millóns de euros totais, 12 millóns de euros dedícanse á construción, mentres que 18,6 millóns de euros serán para o Finisterrae IV, o futuro supercomputador que cubrirá tamén necesidades vinculadas á intelixencia artificial; 18 millóns de euros para o desenvolvemento de novas capacidades que impulsen o ecosistema de computación cuántica en Galicia, e 7,8 millóns de euros para o incremento da capacidade de almacenamento de datos de gran valor engadido.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?