Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os riscos da IA, a debate na Facultade de Dereito da UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os riscos da IA, a debate na Facultade de Dereito da UDC

Redacción
Publicado: 22/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foro_inade.jpgA Facultade de Dereito da Universidade da Coruña acollerá o vindeiro día 29 de 9:30 a 12:30 horas, as xornadas Los riesgos de la inteligencia artificial: ¿Estamos seguros?, no marco da Cátedra Fundación Inade-UDC.
O evento contará coa asistencia de Moisés Canle, vicerreitor de Titulacións e Internacionalización da UDC, quen participará na inauguración institucional, que terá lugar ás 9:30 horas, xunto con José Ramón Santamaría, presidente da Fundación Inade; Natalia Barros, directora da Oficina Económica de Galicia IGAPE; Ignasi Belda, director xeral de AESIA (Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial) e Fernando Peña López, director da Cátedra Fundación Inade-UDC.
Durante as xornadas terá lugar a presentación do IX volume da colección Cadernos da Cátedra Fundación Inade-UDC, co título Los riesgos generados por la inteligencia artificial y los posibles mecanismos para su mutualización. Esta obra, elaborada por Gabriel Macanás, doutor en Dereito Civil pola Università di Bologna e profesor de Dereito Civil na Universidad de Murcia, reflexiona sobre os desafíos éticos, sociais, económicos e legais que supón la IA, así como sobre as solucións que se poderían implantar para garantir que os danos causados por esta tecnoloxía poidan ser compensados de maneira axeitada.
Logo da presentación da obra, ás 11:00 horas, terá lugar unha mesa redonda con persoal experto, que será moderada por Fernando Peña, director da Cátedra, e na que se abordarán os riscos da IA e o papel que desempeñará o sector asegurador na súa transferencia. Nela participarán Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC; Ignasi Belda, director Xeral de AESIA; Alberto José Bugarín Diz, catedrático na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director do Grupo de Sistemas Intelixentes do CITIUS da USC; Adrián Feliú González, responsable de consultoría en Ciberriscos de Howden; Jesús Almarcha Jaime, avogado de seguros e reaseguros en Pérez-Llorca Abogados.
O evento, de carácter gratuíto, vai dirixido a persoal administrador, conselleiro e directivo de empresas tecnolóxicas; especialistas en ciberseguridade e responsables de protección de datos; persoal informático, programador e desenvolvedor, profesionais do sector asegurador, da avogacía e consultoría especializada; economistas e analistas de riscos; persoal regulador ou responsable de políticas públicas; estudantado da área informática, tecnolóxica, económica ou xurídica, e en xeral, calquera persoa interesada na materia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?