Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 21 pemes galegas aproveitan o programa Galicia Avanza para a súa internacionalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

21 pemes galegas aproveitan o programa Galicia Avanza para a súa internacionalización

Redacción
Publicado: 07/11/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

galicia_avanza.jpgO programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas innovadoras e de base tecnolóxica Galicia Avanza ten en marcha a súa terceira edición, na que están a participar 21 empresas da comunidade. Esta iniciativa poñíase en marcha en 2022 froito da colaboración entre a Consellería de Economía e Industria, o IGAPE e a Tecnópole, entidade encargada da súa xestión e coordinación. Esta mañá celebrouse no Parque Tecnolóxico de Galicia unha xornada coas compañías participantes nesta edición, co propósito de favorecer contactos, detectar sinerxías e conseguir posibles colaboracións entre elas.
Durante o evento, o director da Área de Internacionalización do IGAPE, Augusto Álvarez-Borrás, destacou que a través desta aceleradora, así como do resto de ferramentas a disposición das empresas, “ofrecemos ao tecido empresarial galego as mellores condicións para que sigan a facer da internacionalización un dos grandes motores de crecemento económico”. A economía galega progresa no seu obxectivo de consolidación de mercados no exterior, apuntou, o que está permitindo acadar rexistros históricos en exportacións.
Pola súa parte, a coordinadora de Galicia Avanza en Tecnópole, Beatriz Monfort, deu conta dos avances acadados nos últimos meses coas empresas beneficiarias, que accederon en xullo a un programa integral de apoio que se prolongará ata febreiro de 2025, guiadas por un equipo de asesores especializado. Estase a traballar na protección das súas marcas e deseños industriais ou intelectuais, na cooperación con outras empresas, no acceso a novos segmentos de clientes e en incrementar a atracción de financiamento externo, entre outros aspectos.
Nestes meses xa se obtiveron algúns logros en internacionalización. Tal como puxo de relevo o director xerente de Tecnópole, Javier Taibo, os países que están a suscitar maior interese por parte das empresas son os Estados Unidos, Reino Unido, Francia e Alemaña; seguidos de Portugal, Italia, Arxentina e Uruguai. Outros destinos son Xapón, China, Arabia Saudí, Australia, Países Escandinavos, Polonia e Irlanda.

Contidos
  • As 21 empresas xa teñen deseñados os seus itinerarios personalizados de internacionalización
  • Unha produtiva actividade de networking

As 21 empresas xa teñen deseñados os seus itinerarios personalizados de internacionalización

Nestes intres as 21 empresas xa teñen deseñados os seus itinerarios de internacionalización e desde Tecnópole estanse a contratar os servizos necesarios para levalos a cabo. Os titores do programa farán un seguimento da posta en marcha destes servizos e as pemes beneficiarias axiña comezarán a ter resultados. En palabras de Taibo, “entre os servizos máis demandados están o rexistro e certificación de marca ou produto; o deseño, adaptación e produción de material comercial; a tradución de páxinas web e soportes comerciais; a elaboración de material audiovisual e promocional; a cualificación de clientes e axendas comerciais; a elaboración de plans de acceso a mercados; a identificación de provedores e clientes comerciais; ou o soporte legal e asesoramento; entre outros”.
Por outro lado, as empresas están a recibir formación, centrada nestas semanas nas vendas B2B (dunha empresa a outra), aplicando nalgúns casos a intelixencia artificial xenerativa, ao tempo que se prepararán para acudir a feiras internacionais, entre outros ámbitos de interese no eido da internacionalización.

Unha produtiva actividade de networking

Unha das principais finalidades do encontro celebrado hoxe é que as empresas beneficiarias mantiveran relación entre elas co fin de lograr colaboracións futuras. A cada unha das pemes entregóuselle un pasaporte de Galicia Avanza. No espazo destinado ao netwoking, cada mesa simbolizaba un país, de maneira que os representantes das pemes se dirixían a aqueles que teñen identificados como mercados potenciais. Deste xeito, compañías de sectores moi diferentes entre si tiveron a oportunidade de manter contacto e poñer ideas en común. Segundo ían interactuando nesta dinámica de relacións, ían engadindo empresas de interese ao seu pasaporte.
Así, o programa, ademais de centrarse no desenvolvemento de itinerarios individuais e personalizados con cada empresa, destinados a apoiar a chegada ao mercado exterior de solucións innovadoras galegas, tamén buscar fomentar as sinerxías entre as diferentes pemes participantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?