Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A observación biodiversidade poderase realizar con drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A observación biodiversidade poderase realizar con drons

Redacción
Publicado: 08/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20241108_dxeiseprobasporrinho_3.jpgA directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, asistiu hoxe no aeródromo de Furaventos, en O Porriño, a unha serie de probas de validación do rendemento e funcionalidade das tecnoloxías que están a desenvolver a Xunta de Galicia e Telespazio no programa de I+D de biodiversidade do Polo Aeroespacial de Galicia.
O programa denominado GeoSUB céntrase no desenvolvemento e evolución de aeronaves non tripuladas de curto e de longo alcance, específicas para misións de observación, captura e procesamento automatizado de datos de biodiversidade; por medio dunha plataforma integral de xestión de xeoinformación e misións con drons, capaz de xerar plans de voo de forma automática e que presenta unha gran eficiencia de custes. O seu obxectivo é que os futuros usuarios, tanto a propia Xunta de Galicia, como a comunidade científica e outros operadores públicos e privados teñan acceso a datos intelixentes que lles permitirán mellorar a xestión dos seus servizos.
20241108_dxeiseprobasporrinho_5.jpg Nas demostracións realizadas esta xornada validáronse as funcionalidades dos equipos de navegación e comunicacións avanzadas das aeronaves non tripuladas do programa, así como dos sistemas que permiten aos drons analizar posibles ameazas e intrusións e tomar decisións rápidas para evitar colisións. Trátase de tecnoloxías fundamentais para voos fóra da liña de vista do operador e para facilitar a integración segura, eficaz e fiable das aeronaves non tripuladas no espazo aéreo.
Estas innovadoras solucións tecnolóxicas permitirán optimizar tarefas como a prevención e loita contra a degradación dos humidais, a monitorización do medio natural costeiro, a vixilancia de masas forestais en zonas protexidas ou a inspección e análise de impacto das infraestruturas humanas sobre o medio ambiente.
As solucións obtidas teñen tamén aplicación na identificación de hábitats costeiros, a extracción de parámetros ambientais, a identificación e seguimento automáticos de especies invasoras ou a xestión sustentable dos bancos marisqueiros, entre outras.

Atracción de empresas a Galicia

O Polo Aeroespacial de Galicia ten atraído á nosa comunidade a grandes empresas do sector aeronáutico e aeroespacial como Telespazio, que está a realizar unha importante aposta a longo prazo por este sector. A compañía, que conta con oficinas propias en Vigo desde o mes de maio, asumiu o compromiso de continuar reinvestindo na rexión coa posta en marcha de novos proxectos. Traballa ademais na industrialización destas tecnoloxías, produtos e servizos de carácter dual e alto valor engadido para o seu uso en outros sectores e a súa comercialización internacional.
O programa de I+D+i da Xunta e Telespazio supón un investimento público privado de 17,8 millóns de euros (8,9 millóns de euros de achega pública e 8,9 millóns de euros de aportación privada), o desenvolvemento de 12 proxectos de I+D+i, 83 profesionais traballando de forma directa e 10 empresas e centros de coñecemento, na súa meirande parte galegos, participando: Alter, CATEC, ITG, Ingeniería InSitu, Bahía Software, Universidade de Vigo, Gradiant, ESSP, PildoLabs e Centum.
O programa GeoSUB está financiado pola Unión Europea no marco do Plan complementario de biodiversidade, impulsado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, a través do Plan de Recuperación e Resiliencia. A proposta de Galicia, que participa xunto con outras cinco comunidades autónomas (Estremadura, Asturias, Andalucía, Canarias e Baleares), está coordinada coa do Parque Tecnolóxico de Fuerteventura, centrada no desenvolvemento e despregue de plataformas HAPS (sistemas pseudo-satelitais de gran altitude) e de vehículos non tripulados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?