Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A penetración da tecnoloxía nos fogares galegos é maior con estudantes en idade escolar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A penetración da tecnoloxía nos fogares galegos é maior con estudantes en idade escolar

Redacción
Publicado: 11/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

202409_informe_rapacinos_dixitais.jpgO estudo Rapaciñ@ dixitais. Edición 2023 elaborado polo OSIMGA recolle que os fogares galegos con estudantes en idade escolar obrigatoria sitúanse por riba da media en equipamento tecnolóxico e conexión á Internet. O 94,8% destes fogares dispón de ordenador, máis de 20 puntos por riba do resto, e un 65% conta con tabletas, netbooks e outros dispositivos portátiles, a 30 puntos de distancia dos fogares sen nenos. En canto á contratación de acceso á Rede, a práctica totalidade dos fogares con nenos e nenas (99,8%) conta con este servizo, superando en máis de sete puntos a media da comunidade.
Respecto ao uso dos dispositivos electrónicos, o estudo sinala que o 84,5% dos nenos e nenas de 5 a 15 empregaron smartphones, ordenadores, tablets e similares, 7 puntos por debaixo do dato anterior de 2021.

Contidos
  • Acceso á Internet
  • Educación dixital

Acceso á Internet

O informe sinala que en 2023 o 82,8% dos rapaces de 5 a 15 anos accederon algunha vez a internet. Por idades, máis do 94,2% dos nenos e nenas de 10 a 15 anos empregan internet mentres que entre os máis pequenos, os de 5 a 9 anos, a porcentaxe sitúase no 67%.
En canto ao tipo de actividade que desenvolven na rede, 8 de cada dez nenos de 5 a 15 anos acceden para xogar ou descargar xogos (78,3%), escoitar ou descargar música (75,4%), ver series, películas ou programas baixo demanda (67,2%) ou usar mensaxeira instantánea (56,7%).
Ademais, o 92,6% dos nenos e nenas de 5 a 15 anos en Galicia que usan internet, utilizan portais ou sitios web educativos para comunicarse cos profesores.

Educación dixital

No curso 2022-2023, Galicia situouse no segundo posto a nivel estatal na ratio de porcentaxe de centros con plataformas virtuais de aprendizaxe, mellorando a media estatal en 17,3 puntos porcentuais. Tamén supera á media do conxunto do Estado de aulas dotadas de sistemas dixitais interactivos en 7,6 puntos porcentuais, rozando o 70%, o que sitúa á Comunidade no cuarto posto estatal.
Ademais, Galicia ocupa o quinto lugar en porcentaxe de centros educativos con velocidade de conexión superior a 100 Mbps, superando á media do Estado en máis de 22 puntos porcentuais.
No curso 2022-2023, Galicia situouse no sexto posto a nivel estatal na ratio de alumnos por ordenador nos centros educativos ao dispoñer dun ordenador por cada 2 alumnos, só superada por Navarra, País Vasco, Estremadura, Cantabria e Cataluña. A media estatal sitúase en 2,6 alumnos por ordenador.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?