Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Galiverso estrea unha experiencia virtual ao redor da pedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Galiverso estrea unha experiencia virtual ao redor da pedra

Redacción
Publicado: 27/11/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

241127_galiverso_x-4.jpgO proxecto de realidade virtual coñecido como o Galiverso estrea unha nova experiencia que achega ao público marabillas naturais, arqueolóxicas e históricas de Galicia nos que a pedra é a protagonista. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participaron hoxe na presentación do novo Galiverso no corazón da pedra, que pode visitarse na Cidade da Cultura e que tamén estará dispoñible para o público que a vindeira fin de semana se achegue a Culturgal, no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Afloramentos graníticos, praias de area negra creadas pola erosión de antigos glaciares, ventos e mareas, covas prehistóricas, arte rupestre, petróglifos e xacementos romanos forman parte desta nova experiencia dispoñible de martes a domingo, de xeito gratuíto, reservando praza no Museo Centro Gaiás ou en Ataquilla. A idade mínima para colocarse as lentes de realidade virtual é de 8 anos e os menores de 12 deben acudir acompañados por unha persoa adulta.
López Campos subliñou a relevancia do Galiverso como “exemplo do bo uso da tecnoloxía co fin de sortear barreiras no acceso ao patrimonio para todas e todos os galegos”, na liña dos valores promovidos pola nova Lei de cultura inclusiva e accesible aprobada no Parlamento Galego. Desde que hai dous anos se abriu a primeira instalación no Museo Gaiás, son xa máis de 19.100 persoas as que puxeron as lentes de realidade virtual.
Pola súa banda, Román Rodríguez fixo fincapé no crecemento dun proxecto “cun enorme potencial pedagóxico que chegará a todos os centros de Secundaria de Galicia a través dos Polos Creativos”.

Contidos
  • Xacementos prehistóricos
  • Elementos interactivos

Xacementos prehistóricos

241127_galiverso_x-1.jpgA realidade virtual permitirá ao público visitar sen risco lugares nos que resulta imposible entrar, como Cova Eirós, un dos xacementos prehistóricos máis importantes de Galicia, no que hoxe só pode internarse persoal investigador. Tamén enclaves de acceso complicado, como a espectacular cova do Rei Cintolo coas súas formacións de estalagmitas e estalactitas ou o areal de Teixidelo, a única praia de area negra no mundo de orixe non volcánica, á que se baixa seguindo un empinado sendeiro desde os acantilados de Vixía Herbeira na Serra da Capelada.
Para conseguir trasladar estes lugares á contorna dixital, contouse coa colaboración dos arqueólogos e historiadores do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CiSPAC) Arturo de Lombera Hermida e Tania Mosquera Castro, tamén presentes no acto, así como con especialistas da asociación de espeleoloxía encargada de realizar as visitas á cova do Rei Cintolo, que fixeron de guías e axudaron a documentar de maneira rigorosa cada un dos espazos.
En total son sete os enclaves que se poden visitar nesta sexta montaxe do Galiverso: a Cova Eirós e a cova do Rei Cintolo na provincia de Lugo; a praia de Teixidelo en Cedeira, o petróglifo do Castriño de Conxo en Santiago de Compostela, o xacemento romano de Aquis Querquennis en Bande (Ourense), o Penedo de Noiteboa no Porriño e a Escola de canteiros de Poio.

Elementos interactivos

O Galiverso caracterízase por favorecer un uso intuitivo das novas tecnoloxías, a través de mans virtuais e xestos que imitan a maneira de coller e mover os obxectos no mundo real. Ademais, os elementos interactivos están deseñados para facer máis interesante e espectacular a experiencia.
Na Cova Eirós, por exemplo, as pinturas rupestres e petróglifos inscritos nas paredes de rocha ilumínanse ao tocalas para que sexa máis sinxelo apreciar as súas formas. Ao fondo da gruta, vese durmir un enorme oso das cavernas como os que habitaban este lugar no Plistoceno, recreado cunha animación en 3D hiperrealista.
Tamén a interactividade permite explicar de maneira visual cales son os minerais que compoñen o granito rosa típico da zona do Porriño, e apreciar os detalles e características de diferentes pezas de cantería, un dos oficios tradicionais máis antigos de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?