Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A DXT equipa a súa frota de vehículos coas luces V-16 Help Flash IoT da galega Netun
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A DXT equipa a súa frota de vehículos coas luces V-16 Help Flash IoT da galega Netun

S. P.
Publicado: 03/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

help_flash_iot_netun_2.jpgNetun Solutions, empresa galega de tecnoloxía avanzada ao servizo da seguridade viaria, foi adxudicataria da recente licitación da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) para o subministro de 700 unidades das súas balizas conectadas Help Flash IoT para equipar a súa frota de vehículos. Tras un proceso de selección no que se presentaron 8 empresas, a DXT elixiu as luces V-16 deseñadas, producidas e fabricadas en España. Isto, explica a empresa de Vigo, “demostra o noso liderado no sector da mobilidade conectada e resalta a calidade e innovación dos nosos produtos fronte á competencia”.
Netun engade que este contrato, que xa foi formalizado, reafirma tamén “a confianza da administración pública nestes dispositivos que son o substituto legal dos triángulos de seguridade e que, en pouco máis dun ano, serán de uso obrigatorio”.
A empresa galega tamén salienta a capacidade de DXT para adiantarse á lexislación, xa que non será ata o 1 de xaneiro de 2026 cando todos os vehículos que circulen en España deberán ter unha luz V-16 conectada para facerse visibles aos demais condutores en caso dun accidente ou avaría na vía.
Help Flash IoT é unha baliza de emerxencia, equipada con tecnoloxía NB-IoT (Narrow-Band Internet Of Things) que lle proporciona conectividade. En caso de incidente, ao activar a baliza, envíase de maneira inmediata, automática e anónima unha notificación ao centro de control de tráfico da DXT indicando a localización exacta do vehículo e esta información é compartida en tempo real a través da Plataforma DXT 3.0 e do Punto de Acceso Nacional aos demais usuarios da vía. Desta forma os condutores non só están sinalizados fisicamente a través dunha luz, senón que tamén o están de forma virtual. Isto, explica Netun, converte este dispositivo na “opción de sinalización máis segura e unha ferramenta imprescindible para optimizar a resposta en emerxencias e previr accidentes, especialmente en condicións adversas”.
A decisión da DXT de incorporar as balizas Help Flash IoT nos seus vehículos oficiais súmase a outras entidades, tanto públicas como privadas, que confían xa nestes dispositivos. Empresas como Arval, fabricantes como Toyota e Volvo, e diversas administracións xa están a integrar as solucións de Netun Solutions nas súas operacións.
“O obxectivo principal destas balizas é salvar vidas na estrada, reducindo os atropelos que se producen cando, tras unha avaría ou accidente, o condutor e os ocupantes do vehículo abandonan o habitáculo para sinalizar a situación aos demais usuarios da vía. Na medida en que máis empresas e entidades oficiais tomen este tipo de decisións, máis seguras serán as nosas estradas”, asegura Alejandro González, CMO de Netun Solutions.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?