Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preto dun cento de investigadores participan na presentación do Mapa da cuántica en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preto dun cento de investigadores participan na presentación do Mapa da cuántica en Galicia

Redacción
Publicado: 04/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gd8z683xiaa3c-s.jpgO I Encontro de persoal investigador en tecnoloxías cuánticas botou a andar esta mañá en Santiago de Compostela para visibilizar as capacidades do ecosistema galego de cuántica e facilitar o encontro e impulsar colaboracións entre institucións académicas, centros de investigación e de innovación, empresas e administración.
Inaugurou o evento o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e a cita serviu para a presentación do Mapa de capacidades en tecnoloxías cuánticas de Galicia, que reúne a 126 persoas e infraestruturas de sete centros. A primeira versión do Mapa, que se lle entregou aos participantes no encontro, é unha guía dos recursos humanos e dos equipamentos da nosa Comunidade neste ámbito. Durante o encontro, ademais, 16 grupos de investigación que están traballando en cuántica presentaron as súas competencias.
gd8wnorxwaamgmq_detalle.jpg Román Rodríguez, que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, agradeceu a asistencia de preto de 100 persoas investigadoras inscritas no encontro para seguir traballando polo desenvolvemento dunha tecnoloxía cun enorme potencial para a transformación económica e produtiva e a atracción de talento e investimentos co obxectivo de converter a Galicia nun referente nesta materia.
Por último, o titular de Ciencia do Goberno galego animou aos axentes especializados nestas tecnoloxías a colaborar para aproveitar as capacidades de Galicia, para xerar sinerxías participando conxuntamente en proxectos de I+D+i e para avanzar na xeración de oportunidades para a investigación neste campo.
Coincidindo coa celebración deste encontro, reuniuse tamén o pleno da Rede galega de tecnoloxías cuánticas, que acordou a incorporación dun novo membro, o centro tecnolóxico Aimen, que se suma aos 15 membros actuais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?