Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Biblioteca Nacional preserva os contidos de milleiros de páxinas web en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Biblioteca Nacional preserva os contidos de milleiros de páxinas web en galego

Redacción
Publicado: 13/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20241211_gal.jpgA Biblioteca Nacional de España (BNE) completou con éxito a oitava recolección masiva do dominio .gal, na que conseguiu recoller máis de 7.000 dominios. O proceso, que tivo unha duración de tan só dous días, saldouse co almacenamento de máis de 1,8 TB de información dixital para a súa conservación a longo prazo.
Este traballo foi posible grazas á cooperación coa Biblioteca de Galicia e PuntoGal, entidade encargada da xestión e promoción dos dominios .gal, que facilitou os dominios necesarios para completar esta importante tarefa. A preservación destes contidos web permitirá garantir o acceso futuro aos recursos dixitais que reflicten a identidade cultural galega.
A BNE, como parte da súa misión de conservar a memoria dixital da sociedade, utilizou a súa infraestrutura tecnolóxica para levar a cabo a recolección de maneira eficiente e sen restricións de tamaño por dominio.
Con este traballo, a BNE, a Biblioteca de Galicia e a Asociación PuntoGal dan un paso máis na salvagarda da historia dixital de Galicia, garantindo que a riqueza da lingua e da cultura galega siga sendo accesible para os investigadores, estudantes e cidadáns do futuro.

Eleccións galegas nas coleccións do Arquivo da Web Española

A Biblioteca de Galicia desempeñou un papel fundamental na cobertura das eleccións galegas celebradas o 18 de febreiro de 2024, seleccionando sitios web relativos a enquisas, sondaxes, estudos electorais e información electoral. Ademais, mantén unha colección propia con máis de 1.000 sitios web, achegando o seu coñecemento e experiencia na preservación do patrimonio galego.
Este labor forma parte do compromiso da Biblioteca Nacional de España e da Biblioteca de Galicia coa preservación do patrimonio dixital e a súa misión de garantir o acceso á memoria colectiva da sociedade.
Estes contidos pódense consultar a través da Busca do Arquivo da Web Española | Biblioteca Nacional de España. Ao ter dereitos de autor vixentes, só se poderán consultar desde os ordenadores da BNE e da rede de centros de conservación distribuídos por toda España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?