Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia e o Norte de Portugal reforzan a súa colaboración en I+D+i
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Galicia e o Norte de Portugal reforzan a súa colaboración en I+D+i

Redacción
Publicado: 13/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20241213presentacionris3t_1.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asistiu hoxe ao foro de presentación da Estratexia de especialización intelixente transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T) para o período 21-27, celebrado en Arcos de Valdevez (Portugal) e organizado pola CCDR NORTE, a Xunta de Galicia e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. No acto, o presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDRN), António Cunha, e o conselleiro de Ciencia do Goberno galego firmaron un acordo de colaboración para a implementación desta estratexia ata 2027 en materia de innovación.
Román Rodríguez, que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, destacou a capacidade transformadora da cooperación transfronteiriza en materia de I+D+i e o poder tractor de talento e financiamento, como demostran os resultados da estratexia anterior para o período 14-20, que mobilizou 492 millóns de euros, fronte aos 360 M€ marcados como obxectivo.
O titular de Ciencia informou da vontade de reforzar e impulsar esta colaboración, que é pioneira no conxunto de Europa, sendo a única estratexia de especialización intelixente transfronteiriza. De feito, apuntou que a RIS3T segue a ser o marco idóneo para fortalecer as comunidades de Galicia e Norte de Portugal, actualizando os obxectivos e prioridades aos novos desafíos comúns e mantendo o efecto positivo sobre o tecido produtivo da Eurorrexión.
Por último, Román Rodríguez agradeceu a participación de todos os axentes implicados tanto no desenvolvemento da estratexia anterior como na definición da actual e animounos a seguir traballando na construción dunha marca propia de I+D+i para manter a posición da Eurorrexión como referente nesta materia.
O Foro RIS3T sobre a Estratexia de especialización intelixente transfronteiriza da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, ao igual que a elaboración da estratexia, está financiado polo Programa de cooperación transfronteiriza Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, a través do proxecto GOBERNANZA_GNP, liderado pola AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?