Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As novidades de Xabarin.gal están a darse a coñecer nos centros educativos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As novidades de Xabarin.gal están a darse a coñecer nos centros educativos

Redacción
Publicado: 18/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

241218_plataforma_x-2.jpgO conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na presentación das novidades de Xabarín.gal, unha plataforma da CRTVG con contidos en galego dirixidos á cativada co obxecto «de incrementar o emprego da nosa lingua entre as xeracións máis novas».
A presentación da nova programación fíxose ante 200 escolares do colexio compostelán Pío XII e que forma parte da campaña O novo universo Xabarín, iniciativa da CRTVG que está dando a coñecer esta plataforma de contidos por centros de Educación Infantil e de Primaria das principais cidades de Galicia.
241218_plataforma_x-3.jpg Acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, o titular de Cultura da Xunta puxo en valor o papel desta campaña, xa que permite popularizar esta plataforma entre as familias galegas para «favorecer o consumo de contidos audiovisuais en galego nas idades máis temperás» o que propicia, segundo explicou, «un efecto contaxio e de prestixio no seu uso entre os nosos pequenos e pequenas».
Neste senso, salientou o feito de que este repositorio de contidos audiovisuais en galego tamén conta cunha aplicación móbil e tira proveito «dun dos referentes e personaxes televisivos máis querido e populares de Galicia para moitos pais e nais, que de seguro propician un achegamento afectivo e en familia a estes contidos».
Precisamente, destacou a «ampla oferta de centos de horas de contido en galego para a cativada» que abranguen música, cancións e series de debuxos animados como Bibopalula, a primeira serie musical de debuxos en galego, na que participa a Xunta de Galicia, O cordeiro Shaun ou O diario de Alice.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?