Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A directora xeral de FP comproba o uso da ferramenta de aprendizaxe de inglés con IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A directora xeral de FP comproba o uso da ferramenta de aprendizaxe de inglés con IA

Redacción
Publicado: 23/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250123vetinencifpafarixa.jpgA directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, visitou hoxe o Centro Integrado de FP CIFP A Farixa, en Ourense, para supervisar o uso da ferramenta Vetinen (Vocational Training Innovative) de aprendizaxe de inglés con intelixencia artificial aplicada ás ensinanzas de Formación Profesional, unha proposta innovadora e pioneira no ámbito educativo a través da que os alumnos poden recrear na aula situacións reais nese idioma a través cunha interface en 3D que lles permite interactuar con avatares en distintos escenarios que simulan patróns do día a día.
Durante a visita, a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP comprobou de primeira man a implementación desta ferramenta avanzada, que actualmente se atopa en fase de probas para a familia profesional de Hostalaría e turismo nos sete centros integrados de FP que imparten este ciclo en Galicia: os CIFP Paseo das Pontes (A Coruña), Fraga do Eume (Pontedeume), Compostela (Santiago), Vilamarín (no concello do mesmo nome), Manuel Antonio (Vigo) e Carlos Oroza (Pontevedra).
Logo da súa avaliación nas aulas de Hostalaría e turismo, a Consellería estenderá o proxecto ao resto das 24 familias profesionais da FP que hai en Galicia co fin de garantir a práctica desta competencia lingüística deseñada para cada sector empresarial específico. Cómpre lembrar que máis de 250 docentes xa se formaron para o uso desta ferramenta pilotada polo Centro Galego da Innovación da FP, Eduardo Barreiros, en Ourense.

Situacións reais en inglés

Nesta primeira experiencia, o profesorado deseña e aplica na aula situacións personalizadas na que os alumnos manterán unha interacción fluída integramente en inglés con avatares adaptados a situacións habituais con clientes e provedores de servizos.
Isto é, por exemplo, atención aos novos clientes que chegan ao hotel para realizar o check-in; clientes xa hospedados que requiren servizos ou información concreta ou persoal de hotel que se atopa ante determinados imprevistos que hai que afrontar, xestión de reservas ou resolución de problemas, entre outros.
En todos os casos, os alumnos poderán, a través da interface en 3D, interactuar co avatar correspondente para abordar cada escena e achegar solucións, sempre en inglés, para garantir a práctica desta competencia lingüística.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?