Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Denuncian que X non elimina contidos violentos denunciados por organismos oficiais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Denuncian que X non elimina contidos violentos denunciados por organismos oficiais

Redacción
Publicado: 24/01/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ataque_wakeley.jpgO regulador da Internet en Australia, eSafety, está a denunciar a falla de colaboración de X ante a denuncia de contidos violentos, que non son eliminados efectivamente pese ás esixencias das autoridades.
Falan concretamente das probas relacionadas co vídeo do ataque con navalla na igrexa de Wakeley, presentadas ante un tribunal do Reino Unido durante a sentenza de Axel Rudakubana. eSafety actuou de maneira rápida tras o ataque de Wakeley en Sydney o 15 de abril de 2024, colaborando sempre que foi posible coas empresas tecnolóxicas para eliminar o vídeo das plataformas en liña para protexer a comunidade contra materiais en liña prexudiciais, incluíndo aqueles que poden traumatizar gravemente, manipular ou radicalizar a persoas vulnerables, especialmente nenos e xente nova.
O material en cuestión era un vídeo violento dun intento de asasinato considerado un acto de terrorismo polo Comisario da Policía de Nova Gales do Sur, destacando eSafaty que non se trataba de censurar comentarios, debates públicos ou outras publicacións sobre o suceso.
Inmediatamente despois do ataque de Wakeley, empresas como Google, Microsoft, Snap e TikTok actuaron rapidamente para cooperar con eSafety e garantir que o vídeo do ataque en Wakeley non se puidese acceder nas súas plataformas. Algunhas destas empresas tomaron medidas proactivas adicionais para reducir a súa propagación. En contraste, X optou por non eliminar o vídeo da súa plataforma, limitándose a bloquealo en Australia, e forzando a que eSafety tivese que acudir ao Tribunal Federal e, posteriormente, ao Tribunal de Apelacións Administrativas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?