Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As artes dixitais destacan na programación expositiva da Cidade da Cultura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As artes dixitais destacan na programación expositiva da Cidade da Cultura

Redacción
Publicado: 31/01/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

250131_programacion_x-3.jpgO conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, avanzou esta mañá o programa expositivo da Cidade da Cultura de Galicia para este ano, que propón unha trintena de mostras, instalacións inmersivas e intervencións artísticas que abrirán as súas portas nos diferentes espazos do Gaiás, pero que chegarán tamén a vilas e cidades de Galicia, así como a lugares fóra da nosa comunidade.
Así, a primeira das novidades para este ano será Orixes, unha viaxe virtual e inmersiva para descubrir a evolución da vida no planeta Terra, que abrirá as portas no Museo Gaiás a finais de febreiro. Esta instalación, que continúa a liña iniciada con Hábitats. Natureza estendida, presenta unha interpretación artística dunha viaxe a través do tempo na que descubrir desde seres vivos que nos acompañan desde hai millóns de anos ata os desaparecidos dinosauros, e propón tamén unha reflexión sobre o impacto da humanidade nos ecosistemas e a necesidade dunha maior conciencia ambiental.

Contidos
  • Instalación inmersiva ao redor de Castelao
  • Itinerancias expositivas

Instalación inmersiva ao redor de Castelao

250131_programacion_x-2.jpgO titular de Cultura do Goberno galego lembrou a aposta do seu departamento para “situar Galicia na primeira liña das artes dixitais, onde a Cidade da Cultura xogará un papel motor desenvolvendo tamén unha das propostas centrais do programa da Xunta de Galicia para o Ano Castelao”. López Campos salientou que esta instalación, aínda en fase de desenvolvemento, busca “aproveitar o potencial creativo das artes dixitais e as posibilidades das ferramentas de intelixencia artificial para xerar un tipo de experiencia memorable e sorprendente tanto desde o punto de vista tecnolóxico como conceptual”.
A instalación, desenvolvida por empresas galegas, proporá un achegamento á figura e ao universo creativo de Castelao a través da súa obra plástica, mergullando as persoas visitantes nun percorrido sensorial e envolvente ao redor do legado desta figura central da cultura galega, permitindo tamén “interactuar virtualmente con el ou levar consigo unha lembranza única desta experiencia”.
Outra das apostas do Museo Centro Gaiás para este ano será a exposición Mundo expandido, entre o físico e o virtual, un proxecto en colaboración coa Fundación Telefónica concibido para internarse nos límites entre a realidade física e os mundos dixitais, tanto explorando tecnoloxías inmersivas como a realidade virtual, aumentada ou mixta, como a través de audiovisuais, fotografías, pinturas ou instalacións de destacados artistas contemporáneos.

Itinerancias expositivas

250131_programacion_x-5.jpgNun acto no que tamén participaron o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, o conselleiro avanzou ademais un programa de itinerancias expositivas desenvolvidas desde o Gaiás que, só na primeira metade do ano, incluirá ata sete proxectos en Madrid, A Coruña, Vigo, Pontevedra, Baiona ou Ponteareas.
A estas sumaranse outras que se irán dando a coñecer nos vindeiros meses, “traballando co obxectivo de que a Cidade da Cultura sexa cada vez máis unha Cidade da Cultura de toda Galicia, unha factoría que desenvolve proxectos dos que gozar nos seus espazos físicos, pero tamén para facer circular por centros de toda a comunidade e exportar fóra de Galicia para difundir a nosa cultura”, remarcou López Campos.
Así, á itinerancia xa anunciada da exposición Outras historias posibles a Pontevedra, súmanse dúas no Museo do Mar de Galicia en Vigo, que acollerá unha adaptación de Unha vida viquinga (centrada na vida en Galicia durante a época viquinga) ou a retrospectiva fotográfica do traballo realizado na nosa comunidade polo fotógrafo húngaro Nicolás Muller, un dos grandes documentalistas do pasado século.
Pola súa banda, a instalación inmersiva Hábitats. Natureza estendida poderá visitarse na Coruña a partir da primavera, en colaboración con Afundación, mentres que a mostra fotográfica A Vía da Prata. Aires do Sur, abrirá as súas portas en abril na Casa de Galicia en Madrid.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?