Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A futura lei de educación dixital abrirase a consulta pública
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A futura lei de educación dixital abrirase a consulta pública

Redacción
Publicado: 10/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

250210_pte_consello_reunion_dcs-5.jpgO Consello da Xunta, a proposta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, deu luz verde ao inicio da tramitación do anteproxecto de lei de educación dixital que xorde da necesidade de afrontar con seguridade e certezas os novos retos de transformación social que se están producindo neste eido e que atinxen de xeito directo ao sistema educativo.
O texto no que se vai comezar a traballar regulará os dereitos e os deberes de todos os membros da comunidade educativa (administracións públicas, centros educativos, docentes, alumnos e familias) ante a nova realidade derivada da transformación dixital no ensino.
Para desenvolver este novo marco normativo, vaise iniciar o procedemento de consulta pública previa no Portal de Transparencia da Xunta e, paralelamente, abrirase un proceso de diálogo con todos os colectivos implicados que abranguen os centros educativos, o profesorado, as familias a través das anpas, e expertos en tecnoloxía, entre outros.
Trátase de avanzar nunha folla de ruta para que o proceso de transformación dixital avance tendo en conta os plenos dereitos de todos os membros da comunidade educativa. Así pois, o texto recollerá cuestións como a regulación da comunicación dixital entre docentes e alumnado fóra do horario lectivo, o aproveitamento responsable da intelixencia artificial, as condutas contrarias á convivencia no eido dixital ou a gravación de clases.
O principal obxectivo desta normativa é proporcionar as ferramentas necesarias ao alumnado para que saiban manexarse como cidadáns a nivel persoal e profesional ante un mundo cada vez más cambiante. Neste sentido, farase especial fincapé en aspectos como o benestar dixital, a privacidade e a protección de datos, o dereito á identidade dixital e á intimidade e a accesibilidade universal.
O traballo da Consellería para a elaboración desta nova Lei de educación dixital parte da experiencia vivida durante a pandemia, onde se demostrou a capacidade tecnolóxica do sistema educativo como un elemento clave para garantir o acceso á educación en igualdade. Non obstante, tamén foi un momento fundamental para identificar as necesidades de regular cuestións sobre o uso de ferramentas dixitais na contorna educativa e nos procesos de ensino-aprendizaxe.
Así pois, o novo texto lexislativo abranguerá todo o ecosistema STEM nun sentido amplo, o que vai moito máis aló do uso de pantallas e dos dispositivos electrónicos, xa que abordará os principios e as habilidades da ciencia e da matemática na resolución de retos que supoñan o despregamento do pensamento computacional.
Logo de completarse todos os trámites administrativos e achegas dos distintos axentes prevese que a lei entre en vigor en 2026.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?