Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UE mobilizará 200.000 millóns de euros para investimentos en IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UE mobilizará 200.000 millóns de euros para investimentos en IA

Redacción
Publicado: 11/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

p065512-896797.jpgA presidenta Ursula von der Leyen participou esta mañá no Cumio de Acción en Intelixencia Artificial organizado en París, onde pronunciou un discurso ante líderes políticos e emprendedores da IA de todo o mundo, no que sostivo que Europa ten o potencial de converterse nun dos continentes líderes en intelixencia artificial, e a Comisión Europea fará a súa parte para que iso aconteza.
A presidenta von der Leyen anunciou a iniciativa InvestAI, que buscará mobilizar 200.000 millóns de euros para investimentos en IA en Europa, xunto coa EU AI Champions Initiative, presentada por empresas e investidores europeos no marco do cumio parisiense.
A presidenta tamén indicou que a UE creará xigafábricas de IA, que seguirán o modelo de traballo do CERN en Xenebra: “O CERN alberga o maior acelerador de partículas do mundo e permite que as mellores e máis brillantes mentes colaboren. Queremos que o mesmo aconteza nas nosas xigafábricas de IA. Proporcionaremos a infraestrutura para unha gran capacidade computacional. Investigadores, emprendedores e investidores poderán unir forzas. Os talentos do mundo serán benvidos”.
europa_ia_1.jpg As xigafábricas de IA basearanse nas accións de éxito emprendidas nos últimos meses para poñer a potencia de supercomputación de Europa ao servizo de novas empresas e científicos: “En só uns meses establecemos un récord de 12 fábricas de IA. E estamos a investir 10.000 millóns de euros nelas. Isto non é unha promesa, está a suceder agora mesmo, e é o maior investimento público en IA do mundo, que desbloqueará máis de dez veces esa cantidade en investimento privado”, asegurou von de Leyen.
Todo isto está enmarcado no que a presidenta chamou “o enfoque distintivo de Europa na IA”, caracterizado pola súa natureza cooperativa, a súa preferencia polo código aberto, que permite unha expansión máis rápida, e o aproveitamento dos datos industriais e manufacturados únicos de Europa, así como do seu coñecemento técnico.
Destacando o carácter cooperativo do enfoque europeo da IA, a presidenta von der Leyen pechou o seu discurso sinalando os beneficios da IA máis aló de Europa, especialmente no hemisferio sur.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?