Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As alumnas supoñen xa máis da metade dos participantes nos programas Club de Ciencia e STEMBach
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As alumnas supoñen xa máis da metade dos participantes nos programas Club de Ciencia e STEMBach

Redacción
Publicado: 11/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250211_ceiplaredo2.jpgCoincidindo coa celebración do Día Mundial da Muller e da Nena na Ciencia, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou o Colexio CEIP de Laredo (Redondela) para visitar o Club de Ciencia deste centro educativo e coñecer de primeira man o traballo que desenvolven os alumnos ao abeiro desta iniciativa asentada no sistema educativo galego logo de arrancar como experiencia piloto no curso 2016-17 con dez centros.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP salientou a importancia deste programa para espertar o interese da cativada, especialmente das nenas, pola ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e a investigación “desde idades temperás” e que estas inquietudes se traduzan “nun camiño a titulacións deste tipo xa no eido universitario”.
20250211_ceiplaredo1.jpg Así mesmo gabou a “singularidade” do traballo que o alumnado e o profesorado do CEIP Laredo leva a cabo no seu Club de Ciencia onde cada experimento se acompaña dunha lectura específica e acorde coa práctica que se pretende levar a cabo, o que “enriquece” o proxecto desde unha perspectiva “multidisciplinar” onde se mesturan moitos eidos de coñecemento académico e onde a biblioteca escolar tamén xoga un papel esencial.
Os Club de Ciencia, que se enmarcan na Estratexia Educación Dixital 2030, fundaméntanse nunha metodoloxía baseada na indagación e a aprendizaxe colaborativa, na que o alumnado adquire coñecemento mediante un método activo, propoñen as súas propias cuestións e resolven problemas.
Dende a Xunta destacan que as alumnas supoñen xa máis da metade do alumnado participante nos programas Club de Ciencia e STEMBach, detallando que o Club de Ciencia chega este curso a un total de 17.681 alumnos, o 51% dos cales (8.962) son mozas e nenas e o 49% (8.719) rapaces, de 223 colexios e institutos de Galicia.
No caso do STEMBach, unha modalidade de Bacharelato no que se promove o desenvolvemento de competencias STEM a través de contidos curriculares relacionados co pensamento computacional entre outros, este curso participan 53 centros e 1.125 persoas matriculadas das cales o 54,4% (612) son mulleres fronte a 513 homes (o 45,6%).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?