Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Avanza o proxecto piloto de reclamación dixital en materia de consumo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Avanza o proxecto piloto de reclamación dixital en materia de consumo

Redacción
Publicado: 11/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250211conselleirovisitalacrisalidaqr_026.jpgO conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto co director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou esta mañá os establecementos La Crisálida e Calzados Yolanda para comprobar o funcionamento do proxecto piloto de reclamacións dixitais en materia de consumo a través de QR.
Estes comercios, nos que tamén estiveron o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e representantes municipais e do tecido comercial da cidade, forman parte dos máis de 170 establecementos que contan con este sistema en toda Galicia e que a Xunta prevé aumentar ata o milleiro ao longo deste ano.
Alí o conselleiro puxo a estes establecementos como exemplo da remuda xeracional que dá continuidade ao esencial comercio de proximidade e explicou que o proxecto piloto de reclamación dixital é unha iniciativa pioneira a nivel estatal, que se está a estender ao comercio local, así como á subministración eléctrica e telefonía. Deste xeito o Goberno galego continúa avanzando na simplicidade, axilidade e eficacia do proceso de reclamación en beneficio dos consumidores, ao tempo que se ofrece ás empresas unha ferramenta áxil de comunicación cos seus clientes. Neste sentido as reclamacións dixitais complementan ás actuais follas de reclamacións existentes nos establecementos e con elas evítase ter que solicitar expresamente a entrega da folla de reclamación, podendo facerse unha vez fóra do comercio ou mesmo na casa.

Funcionamento do sistema dixital

As reclamacións poden presentarse de maneira dixital a partir do escaneo dun código QR que dirixe a un formulario virtual no que cumprimentar os datos persoais e o motivo da reclamación, que será remitida de maneira electrónica á empresa. De forma automática, recíbese un correo electrónico dando conta do día e da hora da presentación da reclamación e indicando que se abre un prazo dun mes para que a empresa remita contestación. Transcorrido o prazo dun mes sen obter resposta ou de ser esta insatisfactoria, a persoa poderá dirixirse directamente ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia e presentar unha nova reclamación a través dun enlace que xa se inclúe no propio correo e que recolle os datos cubertos na primeira reclamación ante a empresa.
O conselleiro explicou que este proxecto piloto, que na cidade da Coruña está presente en 12 establecementos e na provincia en máis de 80, enmárcase no labor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, que conmemora os seus 30 anos de andaina e que é clave na resolución dos conflitos en materia de consumo. Así, no 2024 atendeu máis de 37.500 consultas e tramitou máis de 20.200 reclamacións e a Xunta reforza o seu labor este ano cun orzamento de 7,4 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?