Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adobe abre ao público a beta do seu modelo de IA para a xeración de vídeo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adobe abre ao público a beta do seu modelo de IA para a xeración de vídeo

Redacción
Publicado: 12/02/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

firefly_19846d436079bbe9de6505cc71ae92758436e7468.jpgAdobe lanzou hoxe a nova aplicación Firefly, unha completa ferramenta para xerar imaxes, vectores e agora vídeos coa versión beta pública do Modelo de Vídeo Firefly. Este novo Modelo de Vídeo Firefly, o primeiro modelo de xeración de vídeo con IA comercialmente seguro (pois está adestrado con contidos dos que Adobe posúe os dereitos), potencia a función Xerar Vídeo na aplicación Firefly, ademais de Xeración Estendida en Adobe Premiere Pro. Este modelo permite a creación de contido de vídeo respectuoso cos dereitos de propiedade intelectual e listo para a produción. Trátase da última incorporación á familia de modelos creativos de IA xenerativa de Firefly, que xa xerou máis de 18.000 millóns de activos en todo o mundo.
Adobe presentou dous novos plans (Firefly Standard e Firefly Pro) que permiten aos clientes acceder a funcións premium de vídeo e audio. Todos os plans de Firefly inclúen acceso ilimitado ás funcións de xeración de imaxes e vectores, ademais de diferentes niveis de capacidade para as funcións premium de vídeo e audio, adaptándose ás necesidades creativas de cada usuario.
A aplicación Firefly permite aos profesionais creativos xerar imaxes, editalas, convertelas en vídeos e aplicar movemento cinematográfico antes de transferilas a Adobe Creative Cloud para a súa finalización. Ademais, grazas á integración con Photoshop, Premiere Pro e Adobe Express, os usuarios poden afinar os seus traballos con ferramentas como o Recheo Xenerativo en Photoshop e a Eliminación Xenerativa en Lightroom.
O modelo de vídeo Firefly permite aos profesionais xerar clips de vídeo a partir dun texto ou unha imaxe, usar ángulos de cámara para controlar as tomas, crear elementos atmosféricos e deseñar movementos personalizados. Soporta resolución 1080p inicialmente, cun modelo de ideación de baixa resolución para iteracións rápidas e un modelo 4K para producións de alto nivel que estará dispoñible proximamente.
O novo modelo non só pode xerar vídeo a partir de texto e imaxes, no que podemos ver como a reinvención do traballo con vídeo, senón que facilita a tradución de audio e vídeo en máis de 20 idiomas mantendo a voz auténtica, o que supón unha importante novidade para a creación de contidos para o ámbito global.
Para poder tirar proveito destas funcionalidades é preciso contratar un plan específico, achegando o plan Firefly Standard 2.000 créditos xenerativos ao mes por 11,17 euros (permitindo crear ata 20 vídeos de 5 segundos ou traducións de ata 6 minutos de audio ou vídeo); mentres que o plan Firefly Pro ofrece 7.000 créditos xenerativos ao mes por 33,54 euros (permitindo crear ata 70 vídeos de 5 segundos ou a tradución de ata 23 minutos de audio ou vídeo). Estes plans corresponden ao acceso anticipado a esta ferramenta, e está previsto que en breve haxa tamén unha modalidade Premium para profesionais que fan un uso máis regular deste tipo de creacións e, polo tanto, precisan de maior capacidade de creación de audio e vídeo.


Vídeo promocional do modelo de IA para a xeración de vídeo de Adobe

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?