Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A autoridade alemá de competencia cre que Apple realizou prácticas ilegais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A autoridade alemá de competencia cre que Apple realizou prácticas ilegais

Redacción
Publicado: 13/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O Bundeskartellamt, organismo alemán responsable da regulación da competencia e dos dereitos dos consumidores, enviou á Apple (ás oficinas de EE.UU. e ás de Múnic) a súa avaliación xurídica preliminar sobre o App Tracking Transparency Framework (ATTF) de Apple, que dende abril de 2021 obriga aos provedores que ofrecen aplicacións na App Store de iOS a obter un consentimento adicional dos usuarios antes de acceder a determinados datos con fins publicitarios.
O organismo alemán salenta que os requisitos estritos do ATTF só se aplican aos provedores de aplicacións de terceiros, non á propia Apple, o que consideran que podería estar prohibido segundo as disposicións especiais de control de abuso para grandes empresas dixitais da Lei Alemá de Competencia (GWB), polo que ofrecen agora a Apple a oportunidade de comentar as acusacións.
Andreas Mundt, presidente do Bundeskartellamt, declarou que: “Apple opera un ecosistema dixital integral que, a través dos seus numerosos servizos e dispositivos conectados, a App Store e o Apple ID, dálle un acceso amplo aos datos dos usuarios relevantes para a publicidade. Apple utiliza algúns destes datos para ofrecer espazos publicitarios personalizados na súa App Store, xerando ingresos significativos. A publicidade personalizada tamén é de grande importancia comercial para outras empresas que desexan ofrecer aplicacións gratuítas, algunhas das cales compiten cos propios servizos de Apple dentro da App Store. Isto é especialmente relevante para os moitos provedores que, a diferenza de Apple, non dispoñen dunha gran cantidade de datos detallados sobre os usuarios. Porén, o ATTF fai que sexa moito máis difícil para os editores de aplicacións competidores acceder aos datos dos usuarios relevantes para a publicidade”.
Mundt engade que “é fundamental que os usuarios poidan tomar unha decisión libre e informada sobre se desexan ou non permitir o uso dos seus datos para publicidade personalizada. A cuestión clave aquí é se Apple pode aplicar criterios máis estritos a outros provedores que a si mesma á hora de solicitar o consentimento dos usuarios. Segundo a nosa valoración preliminar, isto podería constituír un trato desigual e unha autopreferencia, o que está prohibido pola lexislación de competencia”.
O procedemento do Bundeskartellamt está a desenvolverse en estreita cooperación coa Comisión Europea e outras axencias nacionais de competencia que tamén están a examinar o ATTF nos seus propios procedementos nacionais de competencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?