Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta reafirma o seu compromiso coa innovación e a transformación dixital das empresas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta reafirma o seu compromiso coa innovación e a transformación dixital das empresas galegas

Redacción
Publicado: 26/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250226_dxigapeencontronacionaldih_1.jpgA directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe no IV Encontro Nacional de Hubs de Innovación Dixital, celebrado na Cidade da Cultura, onde reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia coa innovación e a dixitalización empresarial. Durante a súa intervención, destacou a aposta do Goberno galego pola modernización do tecido produtivo e a colaboración cos Digital Innovation Hubs (DIH) para garantir a competitividade das empresas galegas nun mercado globalizado.
A directora puxo en valor o papel fundamental que xogan os hubs de innovación dixital na transformación do tecido produtivo, permitindo ás empresas galegas acceder a ferramentas avanzadas en ámbitos como a intelixencia artificial, a ciberseguridade ou a sustentabilidade industrial. Tamén subliñou que Galicia conta con dous hubs de innovación dixital estratéxicos, recoñecidos polo Goberno galego pola súa capacidade para impulsar a transformación tecnolóxica das empresas galegas: Dihgigal, especializado na industria manufactureira e na modernización dos procesos produtivos, e DataLife, centrado na biotecnoloxía e nas ciencias da vida.
No eido da innovación, incidiu, o Igape ten activo un amplo abano de programas, como a liña Ticket Innova, deseñada para axudar ás empresas a certificarse, mellorar o seu deseño industrial e integrar novas tecnoloxías; o programa Igape Innova, destinado o desenvolvemento de produtos e servizos sustentables e dixitais; ou a iniciativa IA360, para o impulso da intelixencia artificial no tecido empresarial galego.
Para concluír, a directora fixo un chamamento á colaboración entre empresas, administracións e hubs de innovación. “O camiño cara á dixitalización é unha viaxe conxunta. Contamos coa tecnoloxía, cos recursos e co talento necesario para seguir avanzando. Traballemos xuntos para facer de Galicia unha referencia en innovación e competitividade”, incidiu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?