Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Situm, finalista do Premio Pavillón de España de Red.es
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Situm, finalista do Premio Pavillón de España de Red.es

S. P.
Publicado: 28/02/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

pavillon_espana_mobile_world_congress.jpgTras máis dunha década organizando o Pavillón de España en MWC Barcelona, Red.es pon en marcha por primeira vez o recoñecemento a unha das empresas coexpositoras. Nesta edición, ademais, o Premio Pavillón de España recoñece a contribución ao valor público. Estas distincións terán continuidade nas próximas edicións, estando vencelladas ao Pavillón de España en MWC e cada ano poñerán o foco en valores que contribúan a impulsar o posicionamento de España como motor da innovación e a transformación dixital. A listaxe de finalistas está formada pola galega Situm e por Libelim e Spika Tech.
Tres finalistas entre 50 candidatas
Das 50 pemes tecnolóxicas que integran o Pavillón de España nesta edición do congreso máis relevante da industria da conectividade e o sector dixital, o xurado seleccionou ás empresas Libelium, Situm e Spika Tech como as tres finalistas a este galardón, que se entregará durante a celebración do tradicional cóctel oficial do Pavillón de España o vindeiro luns 3 de marzo.
Situm, situada en Santiago de Compostela, ofrece unha solución completa de guiado en interiores que combina posicionamento preciso, navegación paso a paso e mapas 3D interactivos. A súa plataforma axuda aos usuarios para explorar facilmente contornas interiores complexos como hospitais, centros comerciais, aeroportos e edificios corporativos, proporcionando ás empresas ferramentas para mellorar a experiencia de usuario.
situm_gps_interiores.jpgSitum Technologies S.L. é unha spin-off do Centro de Tecnoloxía Avanzada da Universidade de Santiago de Compostela (CITIUS), fundada en 2013. A empresa é sinónimo de mapas de interiores, localización e navegación coa máxima precisión para os usuario móbiles, a infraestrutura mínima e o menor tempo de implementación. Os seus fundadores, doutores en enxeñaría, uniron os seus esforzos para lograr os mellores emprazamento e localización en interiores de alta precisión para smartphones, sen a necesidade de instalar ou investir en hardware adicional.
Situada en Zaragoza, Libelium desenvolve solucións intelixentes destinadas a impulsar a sustentabilidade, a produtividade e a datocratización en empresas e cidades en máis de 120 países de todo o mundo. Posicionouse con éxito en Europa, Asia, América Central e do Norte e Arabia Saudita. Traballan baixo a premisa de que os datos son a nova linguaxe de comunicación entre a administración pública, as empresas privadas e os cidadáns.
Por último, Spika Tech, situada en Madrid, está especializada na creación de solucións de software innovadoras e investigación en algoritmos e a mellora da usabilidade e accesibilidade, operando principalmente en tres liñas de traballo: saúde, robótica e defensa. O seu obxectivo é seguir investigando e fomentando o uso da Intelixencia Artificial, a Realidade Virtual, a Realidade Aumentada, e a Robótica.
O xurado, composto por representantes técnicos da Dirección de Servizos Públicos de Red.es e da Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI), tivo en conta factores como a súa contribución á mellora da xestión e operativa interna da Administración Pública, o impacto que tiveron nos usuarios en termos de calidade, accesibilidade e inclusión e a innovación das solucións tecnolóxicas presentadas ao concurso.
Red.es, entidade adscrita ao Ministerio para a Transformación dixital e da Función Pública a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, organiza por décimo terceiro ano o Pavillón de España en MWC Barcelona, renovando o seu compromiso institucional co impulso das pemes tecnolóxicas españolas.
O número de empresas expositoras incrementouse en máis un 11% respecto á pasada edición, alcanzando as 50 pemes, que poderán gozar dun servizo chave en man concibido para incrementar as súas oportunidades de negocio e aumentar a súa visibilidade nunha superficie de 1.197,5 metros cadrados, máis de 250 metros cadros máis que a edición anterior.
Ademais de dispoñer dun stand personalizado para expoñer os seus produtos e servizos, terán acceso a outros espazos como a área de networking e salas de reunións e a múltiples servizos como a participación na axenda oficial de programa de conferencias que este ano contará con máis de 50 paneis, 7 mesas redondas, 11 sesións con delegacións internacionais e 2 sectoriais; a visita personalizada de máis dunha decena de delegacións internacionais, así como a participación en podcast, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026
Actualidade

WhatsApp por fin incorpora as mensaxes programadas

25/11/2026
Actualidade

Rueda reclama tolerancia cero fronte á violencia machista tamén no ámbito dixital

25/11/2026
Actualidade

A Deputación de Lugo presenta o seu modelo de IA nun congreso internacional en Madrid

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?