Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar lidera a calidade en telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar lidera a calidade en telecomunicacións

Redacción
Publicado: 06/03/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

calidad-2023-12.jpgA Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), en colaboración coa Asociación pro Dereitos Civís, Económicos e Sociais (ADECES), analizou a calidade dos operadores de telecomunicacións segundo os datos da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais sobre telefonía fixa, móbil e Internet, así como as estatísticas de reclamacións rexistradas pola OAUT (Oficina de Atención ao Usuario de Telecomunicacións e Servizos Dixitais).

Contidos
  • Puntuacións
  • Avarías
  • Reclamacións
  • Banda larga

Puntuacións

notas_calidade_operadores.jpg Na análise dise que no servizo fixo, Movistar alcanza unha puntuación de 8,17, cualificación que se sustenta “nun baixo nivel de avarías, tanto en telefonía fixa como Internet, na rápida resolución das mesmas e na altísima porcentaxe de avarías reparadas no prazo obxectivo de 48 horas”.
Pola contra, UCGAL e ADECES sitúan ao grupo Másmóvil no final da clasificación con 6,65 puntos. O resto aproxímase aos 7 puntos ou pásaos lixeiramente. A máxima diferenza nas notas é do 23%.
No servizo móbil, obteñen as peores puntuacións R, Vodafone (a pesar do “seu bo comportamento en relación co número de reclamacións e o seu tempo de resolución”) e o grupo Orange, que con pouco máis de 3,5 puntos pecha a clasificación nesta categoría. Másmóvil e Euskaltel obteñen 5,91 e 5,26 puntos respectivamente. Movistar logra unha nota de 6,27 puntos. A máxima diferenza nas notas é do 70%.
A calidade global está encabezada polo tanto por Movistar, con 7,22 puntos. Doutra banda, as puntuacións máis baixas son para o grupo Orange, Vodafone e R, entre 5,23 e 5,84 puntos. Euskaltel logra 6,20 puntos. a diferenza porcentual entre o primeiro e o último é do 38%.

Avarías

A maior porcentaxe de avarías na Internet é para Telecable (2,59%), seguido moi de preto por Euskaltel (2,54%). No polo oposto Movistar (0,25%), ao que segue Vodafone (0,64%), segundo se sinala na investigación, na que se engade que o tempo empregado na reparación de avarías tamén xoga “un papel determinante e del depende a continuación do servizo en caso de incidencia”. Na Internet, os tempos poden superar a 100 h (4 días), como ocorre co grupo Orange ou Euskaltel. Neste ámbito, os mellores son Movistar (46 h) e Telecable (52 h), sinalan dende as dúas asociacións de consumidores.
En telefonía fixa, o estudo di que “R supera os 5 días (130 h) e o grupo Orange achégase a eles (113 h)”, pola contra “o grupo Másmóvil e Euskatel sitúanse en preto dos catro días, e os mellores son Vodafone (30 h) e Movistar (47 h)”.
En canto á porcentaxe de avarías reparadas no tempo obxectivo na internet (48 horas), as “diferenzas son moi avultadas”, explican UCGAL e ADECES, que sosteñen que “mentres Movistar aproxímase ao 100%, Euskaltel e os grupos Orange e Másmóvil móvense ao redor do 85% e Vodafone, R e Telecable superan por pouco o 90%”.
En telefonía fixa, de novo Movistar aproxímase ao 100%, acompañado de preto por Vodafone (98%). O resto dos operadores non chega ao 90% ou supérao lixeiramente (Telecable).

Reclamacións

Segundo a OAUT, o grupo Orange (6,29), ten “o menor volume de reclamacións no servizo fixo, seguido de Movistar (8,44); por encima da decena Vodafone e o grupo Másmóvil”.
En servizos converxentes, o menor volume é para Movistar (1,10), rexistro que Vodafone multiplica por 6. O resto dos operadores presenta un volume próximo a 2 ou a 1,50.
No informe dise que en canto ás reclamacións móbiles, o grupo Másmóvil e Movistar rexistran unha magnitude similar de reclamacións ante a OAUT (ao redor de 0,80) e que Vodafone duplica esa referencia e o grupo Orange multiplícao por máis de 4 veces.
Polo que respecta aos datos da SETID, estes falan dunha porcentaxe de reclamacións fixo que sitúa ao grupo Másmóvil como o mellor (0,41%), seguido de Euskaltel (0,67%). Entre 0,78% e 1,63% o resto de operadores fóra de Movistar (2,62%), que tamén presenta o peor dato en reclamacións de móbil (1,32%), o grupo Orange tamén supera o 1%. Neste servizo Euskaltel ten a mellor porcentaxe (0,06%).

Banda larga

A UCGAL, para contextualizar este parámetro sostén que “as velocidades xa non son determinantes nas diferenzas de calidade entre operadores”. Por exemplo, engade, “o caudal medio de descarga e subida nas ofertas de fibra e cable está no rango do 95% ou supérao (Telecable e Orange), e tan só afástanse dese rango Vodafone na descarga (92%) e, sobre todo, Telecable na subida (89%)”.
En banda larga móbil, os caudais medios de baixada oscilan entre o 31% (grupo Orange) e o 46% do grupo Másmóvil. Na subida, móvense entre o 47% de Vodafone e o 85% do grupo Másmóvil. A UCGAL aclara que “os datos do grupo Másmóvil baséanse en ofertas de 111/37,5 Mbps, en tanto que as do resto de operadores son de 150/50 Mbps”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?