Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Issga destaca a importancia da desconexión dixital nunha xornada formativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Issga destaca a importancia da desconexión dixital nunha xornada formativa

Redacción
Publicado: 06/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, inaugurou hoxe a súa oferta formativa incluída no Plan de actuación 2025 cunha xornada técnica en formato webinar que solicitaron máis de 200 persoas e na que se abordaron os aspectos clave da desconexión dixital e a súa xestión na contorna laboral. O evento (no que se proporcionou información detallada sobre o marco normativo que regula o dereito á desconexión dixital en España, así como ferramentas prácticas para garantir o seu cumprimento) estivo dirixido a empresarios, mandos intermedios e profesionais da prevención de riscos laborais interesados en incorporar estratexias e recursos innovadores nas súas organizacións. Así mesmo, tamén se abriu a participación a traballadores en active e futuros profesionais, co fin de conciencialos sobre a importancia da desconexión dixital e os seus dereitos laborais.
O seminario web centrouse na importancia da desconexión dixital como un dereito laboral, cuxa relevancia aumentou considerablemente nos últimos anos debido á expansión do teletraballo e ao uso intensivo de novas tecnoloxías. Durante a sesión, explicouse como este dereito permite ao persoal traballador non participar en actividades laborais nin responder a comunicacións fóra do seu horario de traballo, contribuíndo a mellorar a conciliación da súa vida persoal e laboral e previndo a sobrecarga física e mental.
Un dos puntos destacados foi a relación entre a desconexión dixital e a prevención de riscos laborais. Sinalouse que a súa adecuada implementación non só incrementa a produtividade, senón que tamén protexe a saúde das persoas traballadoras ao reducir os efectos negativos derivados da hiperconectividade. Neste sentido, a Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 contempla obxectivos estratéxicos que abordan os riscos derivados da dixitalización, subliñando a necesidade de sensibilizar e formar a empresas e persoas traballadoras na avaliación e control dos riscos psicosociais e a saúde mental, así como na aplicación de solucións para o teletraballo e a desconexión dixital. Seguindo esta estratexia, o Plan de Actuación 2025 do Issga desenvolve iniciativas concretas neste eido, onde se destaca a atención aos riscos psicosociais asociados á dixitalización, o envellecemento da poboación traballadora e a transición cara a novos modelos laborais.
Riscos emerxentes da dixitalización
Durante a sesión tamén se abordou como a dixitalización está a transformar o mundo laboral, introducindo tanto oportunidades como desafíos. Destacouse a crecente presenza de tecnoloxías como a intelixencia artificial, o big data, os robots colaborativos e as plataformas dixitais de traballo, que modificaron as dinámicas laborais e xeraron a necesidade de establecer medidas eficaces para garantir a seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras nestas novas contornas.
Así mesmo, tamén se remarcou a importancia de deseñar estratexias de prevención centradas nas persoas e na saúde laboral desde o inicio da implementación de ferramentas dixitais. Neste contexto, cómpre sinalar que o Issga colabora activamente coa Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo (EU-OSHA) co obxectivo de sensibilizar sobre os riscos emerxentes da dixitalización e promover a creación de espazos laborais máis seguros e saudables.
A sesión concluíu cun espazo de debate no que os asistentes tiveron a oportunidade de expor dúbidas e compartir experiencias sobre a aplicación da desconexión dixital nas súas respectivas organizacións. Este intercambio de ideas permitiu reforzar os coñecementos adquiridos e fomentar a implementación de medidas concretas nos distintos ámbitos laborais. A acollida positiva deste webinar reforza a importancia de impulsar políticas que garantan contornas laborais saudables e adaptadas aos retos da era dixital, promovendo medidas de sensibilización e de Formación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?