Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC Galicia organiza unha misión comercial inversa con organismos de Latinoamérica e EE.UU.
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC Galicia organiza unha misión comercial inversa con organismos de Latinoamérica e EE.UU.

Redacción
Publicado: 11/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

antonio-rodri_guez-del-corral-presidente-del-clu_ster-tic-galicia-con-la-misio_n-inversa-en-el-csa-cidade-das-tic.jpgO Clúster TIC Galicia organiza, entre os días 11 e 13 de marzo, unha misión comercial inversa na que participan quince empresas de carácter innovador, organismos de transformación dixital e entidades financeiras procedentes de Latinoamérica e Estados Unidos.
A xornada de traballo comezou hoxe cunha visita a Abanca e a inauguración oficial no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC a cargo do presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral. O responsable amosará aos visitantes o propio centro e, posteriormente, os socios da entidade terán a oportunidade de reunirse con carácter individual cos diferentes invitados.
A axenda continuará mañá en Santiago de Compostela e o xoves en Vigo, con visitas a espazos tecnolóxicos clave, como o CESGA, Gradiant ou o CTAG, xuntanzas e actividades de networking con empresas socias do Clúster TIC Galicia. O obxectivo é estreitar lazos comerciais coas organizacións, ademais de amosarlles os avances tecnolóxicos máis destacados da nosa rexión.
Entre os organismos convidados figuran Totalplay (México), empresa de telecomunicacións que ofrece servizos de televisión por cable, Internet de fibra óptica e telefonía fixa en México e Colombia; EMCALI (Colombia), que tamén opera en áreas clave como as telecomunicacións, en cuxa representación estará Kevin Estivens, responsable de tecnoloxía, que desempeña un papel clave na infraestrutura tecnolóxica da entidade; ou Grupo Energía de Bogotá (Colombia), que suministra enerxía eléctrica e gas natural en Colombia, Perú, Brasil e Guatemala, co seu asesor de Datos de Analítica, Gustavo Alberto Angulo.
Así mesmo, estarán Ximena Duque, presidenta executiva da Federación Colombiana de Software e Tecnoloxías (Fedesoft), con máis de 500 afiliados e 30 anos de traxectoria; e o viceministro de Innovación e Tecnoloxía do Ministerio de Innovación da República Dominicana, Armando José Manzueta Pena.
mision-inversa-en-la-sede-de-abanca-en-a-corunnha.jpg No ámbito da transformación dixital, o Clúster TIC Galicia contará coa presenza de Edgar Ariel Rodríguez, director de Modernización e Desenvolvemento Institucional do Órgano Xudicial de Panamá, encargado da administración de xustiza no país; Adolfo José Fábrega, Administrador Xeral da Autoridade Nacional para a Innovación Gubernamental (AIG) de Panamá, encargada de impulsar a transformación dixital do sector público no país; e Marva Roxana Dalby, xerente de Sistemas Funcionais da Autoridade do Canal de Panamá, responsable da operación, administración, mantemento e modernización do propio Canal.
En canto ás entidades financeiras, participarán Juan Ramón Anria, xerente de Seguridade Dixital e Ciberseguridade da Caixa de Aforros de Panamá; diferentes representantes do Banco Interamericano de Desenvolvemento-BID (EE. UU.), que ofrece apoio financeiro e técnico a gobernos nacionais e subnacionais, así como a outras entidades de América Latina e o Caribe; e Mónica María Gómez, vicepresidenta de ASOBANCARIA (Colombia), gremio que agrupa ao sector financeiro colombiano, promovendo o seu desenvolvemento, eficiencia, modernización e seguridade.
Esta acción, que conta coa colaboración do Igape, supón unha excelente oportunidade para amosar o potencial tecnolóxico galego, a través de solucións innovadoras en áreas como a intelixencia artificial, a ciberseguridade, a dixitalización industrial ou a Internet das Cousas (IoT). Ademais, permitirá establecer posibles pontes de colaboración que contribúan ao fortalecemento da competitividade e a innovación tecnolóxica a nivel global.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?