Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Intel designa novo director xeral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Intel designa novo director xeral

Redacción
Publicado: 12/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

intel-lip-bu-tan-ceo.jpgOs malos momentos que está a vivir Intel levou á corporación a apartar ao seu director xeral en decembro, e agora anuncian que o seu consello de administración nomeou a Lip-Bu Tan como conselleiro delegado, cargo do que tomará posesión o 18 de marzo. Collerá a remuda de David Zinsner e Michelle Johnston Holthaus, que estaban a compartir a dirección xeral da empresa de xeito interino. Tan tamén se reincorporará ao consello de administración de Intel despois de deixar o cargo en agosto de 2024.
Zinsner continuará como vicepresidente executivo e director financeiro, mentres que Johnston Holthaus seguirá á cabeza de Intel Products. Frank D. Yeary, que asumiu o papel de presidente executivo interino do consello durante a busca dun novo director xeral, volverá ao seu cargo de presidente independente do consello unha vez que Tan asuma o seu novo posto.
Tan é un investidor tecnolóxico de longa traxectoria e un executivo amplamente respectado, con máis de 20 anos de experiencia nos sectores dos semicondutores e o software, así como fortes conexións dentro do ecosistema de Intel. Foi director xeral de Cadence Design Systems entre 2009 e 2021, onde liderou unha reinvención da compañía e impulsou unha transformación cultural baseada na innovación centrada no cliente, con grandes resultados para a compañía.
Tamén é socio xestor fundador de Walden Catalyst Ventures e presidente de Walden International. Ten unha ampla experiencia en consellos de empresas cotizadas en bolsa e actualmente forma parte dos consellos de Credo Technology Group e Schneider Electric.
Tan ten unha licenciatura en física pola Universidade Tecnolóxica de Nanyang, en Singapur, un mestrado en enxeñaría nuclear polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) e un MBA pola Universidade de San Francisco. En 2022, recibiu o premio Robert N. Noyce, a máis alta distinción da Asociación da Industria de Semicondutores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?