Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As estradas galegas avanzan en dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As estradas galegas avanzan en dixitalización

Redacción
Publicado: 14/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xemelgo_dixital_gmamngwwmaeohpe.jpgA conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, informou hoxe dos avances na Estratexia de Dixitalización e Innovación da rede viaria autonómica, a través da que a Xunta desenvolve un xemelgo dixital da rede de estradas autonómicas que permitirá a Axencia Galega de Infraestruturas planificar e xestionar as estradas de xeito máis eficiente, ao tempo que simplificará os trámites da cidadanía e reforzará a xestión da seguridade viaria.
O Goberno galego leva investidos neste amplo proxecto 8,5 millóns de euros, cofinanciados con fondos europeos, e prevé mobilizar 20 millóns de euros ata 2029 para desenvolver a citada estratexia.
Os obxectivos desta iniciativa son ampliar, centralizar e unificar toda a información vinculada coa xestión da rede viaria autonómica. Isto posibilitará organizar de forma eficiente os recursos tecnolóxicos e humanos implicados neste ámbito.
Por unha parte, os cidadáns disporán dun sistema máis accesible e transparente, aforrando custos e tempos nas tramitacións que precisen efectuar no eido das estradas.
Por outra parte, a Xunta, que está a dixitalizar o mapa de estradas, aumentará a eficiencia na toma de decisións sobre a rede viaria, anticipando problemas e achegando solucións. Cabe precisar que na actualidade xa está practicamente rematada a cartografía dixital das estradas e todos os elementos que as definen.
Allegue remarcou que Galicia está a ser un referente en contar con este xemelgo dixital que vai permitir, ademais, desenvolver dun modo máis eficaz as encomendas da Axencia Galega de Infraestruturas, aproveitando tanto a información xa existente, totalmente dixitalizada, como a que chegará a través dos vehículos conectados.

Avances e novos contratos

A conselleira avanzou que no marco deste inxente traballo de campo a Xunta ten licitado recentemente novos contratos por importe de 1,8 millóns de euros.
O primeiro destes contratos correspóndese coa dixitalización de estudos e proxectos do arquivo da Axencia Galega de Infraestruturas. A magnitude deste traballo cífrase en 3.705.864 páxinas a dixitalizar.
A conselleira fixo especial fincapé noutro dos contratos licitados, que é para a utilización dos datos procedentes de vehículos conectados, un sistema que «auscultará as estradas», e permitirá obter datos de alta precisión. Citou exemplos como información da adherencia do pavimento, a visibilidade das marcas viarias ou as velocidades e aceleracións.
O terceiro contrato licitado é o relativo á xestión do modelo de transporte da rede viaria autonómica. Este programa centrarase na obtención de datos de telefonía relativos á mobilidade ou á xeración de matrices de viaxes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?