Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A directora de GAIN visita o centro AtlanTTic
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A directora de GAIN visita o centro AtlanTTic

Redacción
Publicado: 18/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250318visitaaltanttic_03.jpgO secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, visitaron hoxe o Centro de investigación de Tecnoloxías de Telecomunicación, AtlanTTic, da Universidade de Vigo, para coñecer as súas liñas de investigación e actividade. Este centro, no que a Xunta de Galicia leva investidos máis de 4 millóns de euros, forma parte da Rede CIGUS que agrupa aos dez centros de investigación excelente do Sistema Universitario de Galicia.
20250318visitaaltanttic_01.jpg Os representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacaron o traballo dos 136 investigadores de AtlanTTic, que desenvolven o seu labor en tres grandes áreas de I+D+i para atender retos da sociedade e do tecido produtivo. En concreto, nas comunicacións, nos servizos dixitais e na ciberseguridade.
Durante a visita, que se enmarca na rolda de encontros conxuntos de ambos departamentos da Xunta aos centros de investigación e tecnolóxicos para propiciar sinerxías e maior colaboración entre eles, tamén se puxo en valor o apoio do Goberno galego a este centro de investigación, no que se leva investido máis de 4 millóns de euros das convocatorias de centros de excelencia e de equipamento científico, entre outras.
20250318visitaaltanttic_02.jpg O centro AtlanTTic naceu no ano 2010 coa visión de constituírse como un actor clave a nivel internacional no avance da I+D+i. Desde entón, ten acadado numerosos logros. Entre eles, destaca a obtención en 2024 de máis de 11 millóns de euros de financiamento competitivo ou as 128 novas publicacións do pasado ano, o 41% en coautoría internacional, así como os 77 novos contratos e convenios con empresas en 2024 por un valor de case 2,7 millóns de euros.
Destaca tamén o importante labor de transferencia de coñecemento que realiza o centro, que participou con cinco proxectos no programa Ignicia Proba de Concepto da Xunta de Galicia para levar ao mercado os resultados da súa investigación e dos que resultaron a creación de dúas spin-offs e un acordo de licenza coa industria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?