Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Constituída a Sociedade Xestora da Cidade das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Constituída a Sociedade Xestora da Cidade das TIC

Redacción
Publicado: 18/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

p_suceso_1453889629018_109993432.jpgA alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao Abad, formalizaron hoxe a constitución da Sociedade Xestora da Cidade das TIC, un organismo público que marcará a folla de ruta para avanzar no plan de impulso do polo tecnolóxico coruñés, situado nas antigas instalacións da Fábrica de Armas, en Pedralonga.
Tras aprobarse definitivamente en novembro a modificación dos estatutos da Sociedade Xestora, esta mañá concretouse o trámite de escritura pública ante notario, paso fundamental para que o proxecto sexa xa unha realidade. En virtude do acordado entre ambas as partes, o Concello ostenta o 51% da sociedade e a UDC o 49% restante.
Ditos estatutos introduciron cambios clave para reforzar o liderado da Universidade da Coruña na Cidade das TIC. Entre as principais modificacións destaca a inclusión dun sistema de gobernanza que outorga á UDC voto de calidade en todas as decisións relacionadas coa docencia, a investigación e a transferencia de coñecemento.
20250318-1.jpg Tras a sinatura, a alcaldesa puxo en valor os pasos adiante que se están a dar para “afianzar a Cidade das TIC como o que é: un eixe que lle permitirá á Coruña e, en extensión, a toda Galicia, reforzar a súa posición de referencia a nivel europeo en materia de desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos e de dixitalización”.
Inés Rey, acompañada hoxe polo concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, destacou tamén a importancia da Cidade das TIC á hora de potenciar o tecido académico e científico da UDC, facilitando a creación de sinerxías e abrindo camiño á colaboración empresarial e inserción laboral, “co impacto positivo que isto terá en termos sociais e económicos para a cidadanía”.
Pola súa banda, o reitor da UDC, Ricardo Cao, subliñou a importancia deste “novo fito para a Cidade das TIC, un proxecto clave no desenvolvemento da dixitalización e de todo o ecosistema TIC para a cidade e para toda Galicia”.

Estrutura da sociedade xestora

A sociedade xestora divídese en tres órganos fundamentais: a Xunta Xeral, o Consello de Administración e a Dirección.
Tras a sinatura, nun breve prazo constituirase o Consello de Administración, unha vez que hoxe se designaron os seus membros. Está integrado inicialmente por sete persoas (4 por parte do Concello e tres por parte da Universidade), con opción de ampliarse ata un máximo de doce. O primeiro presidente deste órgano será o reitor da UDC, que desempeñará o cargo durante todo o exercicio do ano 2025; e, a partir de 2026, a presidencia recaerá na persoa titular da Alcaldía do Concello da Coruña. Os cargos serán non retribuídos e a sociedade non realizará pagamentos por ningún concepto ás persoas que os ostenten.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?