Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta proba ferramentas de IA nas aulas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta proba ferramentas de IA nas aulas

Redacción
Publicado: 24/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

250322_educacion_inaugracngrsointelixncia_mac-04.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, inaugurou o pasado sábado o Congreso Intelixencia artificial e educación. Retos e oportunidades no que participan máis dun milleiro de docentes para achegarlles conceptos fundamentais da intelixencia artificial, analizando as potencialidades e posibles aplicacións no ensino, así como os aspectos éticos e de responsabilidade do uso desta nova ferramenta.
O representante do Goberno galego avanzou que, actualmente, un grupo de docentes está a probar en Galicia ferramentas educativas de intelixencia artificial para coñecer a súa utilidade nas aulas. “Traballos coma este, que buscan validar a confianza e uso seguro de diversas solucións de intelixencia artificial para fins educativos, son a mostra do noso compromiso cun ensino de calidade”, engadiu.
“Este grupo de docentes examinan ferramentas, instrumentos e utilidades que hoxe proporcionan estas tecnoloxías e que queremos que estean no sistema educativo”, sinalou. Son, entre outros exemplos, ferramentas de creación de vídeos educativos, un sistema de elaboración de situacións de aprendizaxe, outro para a creación e edición de recursos con posibilidade de traballo colaborativo, instrumentos de deseño de partituras e materiais para música ou de xeración de esquemas e liñas de tempo.

Contidos
  • Pioneiros en materias e xestión
  • Relatorios con especialistas

Pioneiros en materias e xestión

250322_educacion_inaugracngrsointelixncia_mac-08.jpgIsto súmase ao proxecto EdugalIA, que conta cun orzamento de 16,5 millóns de euros, 9,9 deles captados a través da Compra Pública Innovadora como a iniciativa educativa máis valorada de España nesta convocatoria. A través del, o Goberno galego despregará a intelixencia artificial na xestión do ensino para mellorar a equidade e calidade do sistema. Centrarase en melloras na gobernanza e no procesamento de datos para incidir particularmente na prevención do abandono escolar. Creará tamén o expediente dixital único do alumnado e establecerá un novo modelo no acceso de alumnos e familias á información de interese, cun punto único de contacto.
Ademais, Galicia foi a primeira comunidade autónoma en incluír na súa oferta educativa materias específicas de intelixencia artificial, que están xerando cada vez máis interese na comunidade escolar; conta cun manual ao respecto, e está elaborando un marco ético para o uso seguro e responsable desta tecnoloxía, entre outras iniciativas.

Relatorios con especialistas

250322_educacion_inaugracngrsointelixncia_mac-10.jpgO congreso ofrece ao profesorado participante a oportunidade de coñecer conceptos fundamentais da intelixencia artificial e da súa aplicación no ámbito educativo e propiciará o achegamento dos docentes ás ferramentas que empregan esta tecnoloxía e que son útiles para o seu labor académico. Así mesmo, tamén se analizan os aspectos éticos, de seguridade e legais relacionados co seu uso.
As persoas relatoras encargadas de achegar esta realidade aos docentes galegos son expertas en intelixencia artificial e amosan un abano moi amplo de visións pola diversidade de temas. Entre elas, atópanse a consultora Alba Meijide, a experta en implicacións éticas da IA na sociedade Lorena Fernández ou a divulgadora Nerea Luis. Tamén expertos en didáctica e tecnoloxías educativas como César Poyatos, Ibán de la Horra e Alberto e Mario Herraez, que achegan estratexias e consellos para o aproveitamento e uso responsable destas novas ferramentas na docencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?