Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apróbase a lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apróbase a lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia

Redacción
Publicado: 25/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

250325_lei_ia_x-5.jpgTras a aprobación no Parlamento galego da lei que regula o desenvolvemento da intelixencia artificial, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, salienta que Galicia é a primeira rexión europea en ter unha regulación deste tipo, de xeito que a Xunta sería a primeira administración pública española en dispón de criterios e procedementos específicos e regulados por lei para garantir os dereitos e a seguridade das persoas ante o uso desta tecnoloxía.
Miguel Corgos lembrou que, entre as súas moitas posibilidades, a intelixencia artificial axuda a proporcionar servizos públicos máis áxiles, personalizados, accesibles e seguros. Galicia conta agora cunha norma que garante a eficacia desta tecnoloxía, pero tamén o respecto aos dereitos das persoas e a súa seguridade. A lei non só regula o seu uso na Administración e nos servizos públicos, senón que tamén establece os mecanismos de promoción e apoio á implantación de sistemas de IA por parte das empresas.
Desde hoxe, todos os sistemas que conteñan intelixencia artificial teñen que asegurar previamente a súa eficacia, que non causan prexuízos ou discriminacións, e que son seguros e fiables. Garante, ademais, que se poderá solicitar que calquera decisión tomada coa axuda da IA sexa revisada por unha persoa.
Esta norma tamén regula os mecanismos de promoción, formación e capacitación dirixidos á cidadanía e aos sectores de actividade. Para o conselleiro de Facenda e Administración Pública, con esta lei Galicia mantense na vangarda “para un uso da intelixencia artificial adaptada ao noso territorio e á nosa poboación, e ao servizo do benestar e da xeración de riqueza.”

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?