Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia presenta á Comisión Europea a súa aposta pola supercomputación, a cuántica e a IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia presenta á Comisión Europea a súa aposta pola supercomputación, a cuántica e a IA

Redacción
Publicado: 27/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gneuq9gw0aakxcu.jpgO conselleiro de Educación, Ciencias, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, mantivo unha reunión de traballo en Bruxelas co director adxunto da Dirección Xeral de Redes de Comunicación, Contidos e Tecnoloxías da Comisión Europea, Thomas Skordas, para presentarlle a aposta que está a realizar Galicia pola supercomputación e as tecnoloxías profundas, como a cuántica e a intelixencia artificial, e as actuacións que se están a desenvolver neste eido.
No marco da súa visita a Bruxelas, onde estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, o conselleiro trasladoulle ao representante da Comisión Europea os importantes investimentos que está a realizar Galicia nestas áreas, como o computador cuántico Qmio do CESGA ou a ampliación do CESGA cun investimento de 56 millóns de euros en marcha. Así mesmo, destacou o desenvolvemento de Galicia no I+D+i ao redor destas tecnoloxías, que están a usar estas infraestruturas en beneficio do avance do coñecemento e da súa aplicación.
gnc1wkjxcaewvas.jpg O titular de Ciencia afirmou que Galicia conta cos medios para situarse como un territorio destacado no marco europeo nos eidos da cuántica e da intelixencia artificial, grazas ás medidas que se están a impulsar e aos investimentos históricos realizados. De feito, estas tecnoloxías son eixos estratéxicos transversais do novo Plan galego de I+D+i 2025-2027 e consideradas de alto impacto polo seu potencial para contribuír a unha transformación profunda do tecido produtivo e a súa contribución ao avance da I+D+i e o desenvolvemento do sector. Con esta aposta, preténdese, polo tanto, seguir contribuíndo a reforzar a soberanía tecnolóxica de Europa desde o sur do continente.

Outros encontros con representantes europeos

gnc1wkhwwaaqyh4.jpgRomán Rodríguez tamén mantivo outras reunións de traballo na capital belga con representantes europeos para tratar temas vinculados coa ciencia e a innovación. Concretamente, reuniuse coa eurodeputada da Comisión de Innovación Eva Meydell e co eurodeputado da Comisión de Mercado Interior e Protección dos Consumidores Andreas Schawab. Así mesmo, Román Rodríguez mantivo un encontro con membros da Representación Permanente de España na Unión Europea (REPER) vencellados ao ámbito da investigación e a innovación, como o conselleiro de Ciencia e Innovación, David González, e a conselleira de Asuntos Autonómicos, Florencia Cuervo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?