Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 10 millóns de euros en axudas para proxectos de I+D+i e tecnoloxía de alto impacto
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 10 millóns de euros en axudas para proxectos de I+D+i e tecnoloxía de alto impacto

Redacción
Publicado: 02/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

250402_pte_edu06.jpgO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe o lanzamento de tres novas convocatorias de axudas destinadas a impulsar a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico en Galicia, dotadas con máis de 10 millóns de euros co obxectivo de “consolidar Galicia coma un referente innovador e no I+D+i”.
Durante a presentación do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027, Rueda salientou o compromiso da Xunta coa ciencia. “O I+D abre portas, supón oportunidades, xera tranquilidade, riqueza, emprego e acelera a mellora da sociedade”, indicou tras asegurar que ademais a investigación que se realiza na comunidade “forma parte da marca Galicia Calidade e da excelencia do que se fai aquí”.
Tal e como explicou o presidente, as novas axudas céntrase en tres ámbitos prioritarios para a Administracións: proxectos colaborativos no sector da biotecnoloxía, co obxectivo de reforzar as capacidades do sector; proxectos colaborativos das chamadas tecnoloxías profundas, dirixidas ao fomento da intelixencia artificial e a cuántica no ecosistema galego de I+D+i; e apoio a proxectos de investigación e desenvolvemento empresarial, que brinda apoio ás empresas para xerar solucións tecnolóxicas de alto impacto e o fomento do emprego altamente cualificado.

Plan galego de investigación e innovación 2025-2027

250402_pte_edu01.jpgRueda realizou este anuncio ante preto de mil membros da I+D+i galega durante o acto para presentar Plan galego de investigación e innovación 2025-2027, unha folla de ruta dotada con 1.310 millóns de euros (20% máis que o anterior marco) que busca transformar o modelo produtivo galego e consolidar Galicia como un referente nacional e internacional neste sector.
O plan contén 165 instrumentos articulados a través de cinco programas que abranguen atención aos investigadores e ao persoal que traballa no sector; axudas á investigación e ao desenvolvemento tecnolóxico; apoio á innovación empresarial e ao emprendemento innovador; reforzo da conexión entre coñecemento, tecnoloxía e sectores produtivos, e maior visibilidade e presenza da I+D+i galegas a nivel nacional e internacional.
Rueda apuntou á aposta da Xunta pola innovación como “a mellor garantía para enfrontar os desafíos futuros”, situando a investigación e a innovación no centro do desenvolvemento económico e social do territorio. Neste senso, subliñou que a Xunta é a comunidade que máis incrementou o investimento en I+D a nivel estatal no último ano, cun 28,2% máis ata preto de 1.000 millóns de euros.
O xefe do Executivo galego reivindicou o ecosistema innovador de Galicia con avances notables en áreas estratéxicas como “a biotecnoloxía, a intelixencia artificial ou as tecnoloxías cuánticas”. O novo plan sitúa o foco no reforzo do talento, da especialización e da transferencia tecnolóxica e de coñecemento ao tecido produtivo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?