Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta amosa á Fundación COTEC as capacidades do CESGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta amosa á Fundación COTEC as capacidades do CESGA

Redacción
Publicado: 03/04/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

250403_educacioin_vistacnteocesga_mac-5.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, amosou esta mañá ao director xeral da Fundación COTEC, Jorge Barrero, e ao director de Economía e Finanzas da mesma, Aleix Pons, as infraestruturas do CESGA, un centro clave na provisión de capacidade de supercomputación e servizos ás empresas e centros de coñecemento galegos.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP informou á dirección de COTEC da aposta que está a realizar Galicia pola supercomputación e as tecnoloxías profundas, como a cuántica e a IA, para contribuír ao avance da I+D+i en Galicia e á transformación profunda do noso tecido produtivo. De feito, estase a realizar un investimento de 56 millóns de euros nas infraestruturas do CESGA, con financiamento de fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia no marco do PERTE Chip, para dotarse dun novo supercomputador, o Finisterrae IV; ampliar a capacidade de almacenamento; aumentar as capacidades en computación cuántica, e construír un novo edificio.
A directora da Axencia destacou que estas tecnoloxías están identificadas no novo Plan galego de investigación e innovación 25-27, que acaba de presentarse, como iniciativas de alto impacto polo seu efecto no avance do coñecemento e na transformación da economía galega, en liña coas prioridades estratéxicas da Unión Europea. Carmen Cotelo reafirmou así o seu carácter prioritario para situar a Galicia como unha comunidade referente en innovación a nivel nacional e internacional.
Por último, o director do CESGA, Lois Orosa, presentou aos representantes de COTEC algúns dos proxectos nos que están a colaborar con empresas e hubs na implantación de tecnoloxías como a IA ou a cuántica. Entre estes proxectos, explicoulles os que están a desenvolver con Finsa para a optimización de procesos produtivos usando métodos de intelixencia artificial; o uso das tecnoloxías cuánticas para o desenvolvemento de novos produtos en colaboración con Hijos de Rivera ou o desenvolvemento dun demostrador de datos para o sector biotecnolóxico en colaboración co hub de innovación dixital DATAlife.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?