Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sixtema desenvolve unha solución para a restauración virtual de obxectos patrimoniais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sixtema desenvolve unha solución para a restauración virtual de obxectos patrimoniais

Redacción
Publicado: 04/04/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

restaur_ar1.jpgA empresa tecnolóxica galega Sixtema rematou con éxito o proxecto RESTAUR.AR, unha ambiciosa iniciativa de I+D orientada ao desenvolvemento de novas ferramentas dixitais para a conservación, restauración e divulgación do patrimonio cultural. O proxecto permitiu desenvolver unha solución integral que xera réplicas dixitais en 3D de obxectos patrimoniais e simula procesos de restauración de maneira virtual e non invasiva grazas ao uso da intelixencia artificial.
Esta tecnoloxía permite aplicar criterios avanzados de análise e predición sobre os obxectos dixitalizados, axilizando as tarefas de diagnóstico e propoñendo hipóteses de intervención de forma automatizada e segura. Ademais, a ferramenta incorpora contornos inmersivos que permiten visualizar e interactuar cos resultados en realidade aumentada e realidade virtual, sen necesidade de manipular fisicamente os obxectos.
O director xeral de Sixtema, describe RESTAUR.AR como «unha mostra do que ocorre cando a tecnoloxía se pon ao servizo dun propósito maior: preservar o coñecemento, protexer o legado cultural e facelo accesible. É unha liña de traballo que levamos anos impulsando e na que seguiremos afondando».
Durante o seu desenvolvemento, RESTAUR.AR permitiu avanzar na dixitalización 3D de alta precisión mediante tecnoloxía LiDAR integrada en dispositivos móbiles, automatizar a análise do estado de conservación de obxectos culturais, e aplicar técnicas de modelado preditivo con intelixencia artificial para crear réplicas dixitais restauradas sen intervir fisicamente nas pezas orixinais.
Este enfoque novidoso introduce unha nova capa de intelixencia na toma de decisións técnicas. O resultado é unha solución escalable que, ademais, permite a creación de novas experiencias de divulgación cultural a través de contornos inmersivos e tecnoloxías accesibles, combinando rigor técnico e usabilidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?