Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un proxecto galego participará no primeiro contorno de probas de IA da UE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Un proxecto galego participará no primeiro contorno de probas de IA da UE

Redacción
Publicado: 04/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

edificio_citic_2.jpgO proxecto de investigación e desenvolvemento MESITEL112 desenvolvido no CITIC da Universidade da Coruña coa participación da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) e a AMTEGA, para mellorar o sistema de procesado e transcrición das comunicacións telefónicas recibidas no centro de operacións do 112 de Galicia, foi seleccionado para participar no primeiro contorno de probas de intelixencia artificial da Unión Europea, figura recollida no Regulamento europeo de IA.
Para a configuración deste campo de probas regulatorio (sandbox), o Goberno do Estado escolleu 12 proxectos que incorporan sistemas de intelixencia artificial de alto risco e que afectan ao acceso a servizos públicos esenciais, biometría, emprego, infraestruturas críticas, maquinaria, produtos sanitarios e produtos para diagnose in vitro.
citic-udc-339_edit_2.jpg A relevancia deste proxecto radica na súa capacidade para mellorar os resultados da transcrición de audios de baixa calidade, así como a incorporación do inglés a un modelo que xa entende o galego e o castelán. Tamén incorpora un sistema de detección automática do idioma. Estes audios son usados para a verificación de datos nas emerxencias e, en ocasións, tamén con fins xudiciais.
O director da AMTEGA, Julián Cerviño, destacou a importancia deste proxecto para Galicia porque “o coñecemento de como o Regulamento afectará ao desenvolvemento e posta en marcha de sistemas de IA é o principal valor da participación nesta contorna de probas”. Segundo manifestou, “este coñecemento tamén facilitará que a Xunta poida asegurar unha despregadura segura da IA e, coa implicación do Clúster TIC, reducir as incertezas da empresas”.
O xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, puxo de manifesto que se trata “dun proxecto totalmente único e novo en España e de enorme interese para aumentar o nivel de eficacia no servizo que se dá no 112”. Araújo considera que “o uso da IA na transcrición de chamadas de voz xera unha eficiencia que se traslada a unha mellor atención, máis concentrada e cunha maior implicación dos operadores nos procedementos e avisos aos medios operativos, o que representa un beneficio para a Administración pública e para o servizo que se lle dá á cidadanía”.
manuel_gonzalez_penedo.jpg Pola súa banda, o director do CITIC da UDC, Manuel González Penedo, destacou “que o noso proxecto sexa o único galego seleccionado entre as doce propostas a nivel nacional é un reflexo de que Galicia está á vangarda na implementación de solucións innovadoras baseadas en IA. Desde o CITIC levamos anos colaborando coas administracións públicas, e este traballo reforza o noso compromiso co desenvolvemento tecnolóxico aplicado á sociedade. Este proxecto, dirixido por Tiago Manuel Fernández Caramés e eu mesmo, permitirá seguir avanzando na integración da IA en servizos esenciais. Ademais, servirá como base para definir as boas prácticas e o marco normativo que garantirán o seu uso responsable e eficiente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?