Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo Plan galego de I+D+i 2025-2027 estará dotado con 1.310 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo Plan galego de I+D+i 2025-2027 estará dotado con 1.310 millóns de euros

Redacción
Publicado: 10/04/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250410comparecenciacarmencotelo-_2_.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, compareceu esta mañá, a petición propia, ante a Comisión 4ª do Parlamento de Galicia para presentar o novo Plan galego de investigación e innovación 2025-2027. Cotelo definiu este plan como «a nova folla de ruta da Xunta de Galicia para a I+D+i nos vindeiros tres anos, cara a unha Galicia máis innovadora, creativa e competitiva, que aposta pola ciencia, a investigación e a innovación como ferramentas para construír o seu futuro».
Con máis de 1.310 millóns de euros de orzamento (un 20 % máis que o plan anterior), o documento contempla 165 actuacións organizadas en cinco programas verticais, catro eixes estratéxicos transversais (coñecidos como iniciativas de alto impacto) e un eixe base centrado na simplificación administrativa. Cotelo sinalou que se trata dun plan amplamente coordinado coas estratexias e mecanismos de financiamento tanto a nivel europeo como estatal, e que foi elaborado mediante un proceso participativo amplo.
20250410comparecenciacarmencotelo-_3_.jpg A directora explicou que o novo plan mantén accións do seu predecesor que destacaron polos bos resultados, mais incorpora tamén novos instrumentos adaptados ás necesidades actuais do ecosistema galego de I+D+i. Entre as principais novidades, subliñou a aposta polas iniciativas de alto impacto (centradas en catro ámbitos estratéxicos para Galicia: biotecnoloxía, tecnoloxías profundas, tecnoloxías limpas e innovación impulsada pola demanda). Ademais, amplíanse as medidas para atraer talento científico, como a creación da nova Fundación Galtia, e introdúcense novas accións para impulsar a transferencia e valorización do coñecemento (como a implementación do modelo venture building ou a posta en marcha dunha oficina piloto especializada en biotecnoloxía).
O plan tamén outorga un protagonismo destacado á innovación local, prevendo o apoio á posta en marcha de plans municipais de I+D+i. Estes serán ferramentas estratéxicas coas que os concellos poderán identificar retos concretos e deseñar solucións adaptadas ás súas necesidades, reforzando así o seu papel dentro do ecosistema innovador galego e promovendo a colaboración co mesmo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?