Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A instalación inmersiva Hábitats poderá visitarse na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A instalación inmersiva Hábitats poderá visitarse na Coruña

Redacción
Publicado: 11/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250411_lopez_habitats__5_.jpgO conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o director xerente de Afundación, a Obra Social de Abanca, Pedro Otero, presentaron esta mañá a itinerancia da instalación inmersiva Hábitats. Natureza estendida, que abrirá as súas portas na sede de Afundación na Coruña o vindeiro día 24 de abril.
A instalación que orixinalmente estaba dispoñible no Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura achégase a outras localidades galegas, sendo así máis accesible á poboación, para poder así vivir en primeira persoa unha aventura dixital centrada na biodiversidade do planeta.
20250411_lopez_habitats__24_.jpgO conselleiro de Cultura subliñou que se trata dun dos proxectos inmersivos de máis éxito dos realizados ata hoxe en Galicia (superando os 11 mil visitantes), que coa súa chegada á cidade da Coruña confían en chegar a un público moito máis amplo; mentres que o director xerente de Afundación salientou que a nova exposición «nesta experiencia comprendemos, por exemplo, a necesidade de coidar a pluralidade de ecosistemas».
A instalación, distinguida polo Observatorio da Cultura como un dos mellores proxectos dixitais do ano en España, abrirá ao público o vindeiro 24 de abril e poderá visitarse ata o 13 de setembro. As entradas poden xa adquirirse a un prezo de 3,5 euros en Ataquilla. Estará aberta de luns a sábado (festivos incluídos) e haberá catro sesións de mañá e seis de tarde cada día, cunha duración aproximada de 30 minutos cada unha.

Empatía e respecto polo medio ambiente

habitats_web.jpgHábitats. Natureza estendida combina arte e tecnoloxía ao servizo dun relato para todos os públicos que promove a descuberta e a responsabilidade á hora de relacionarnos co medio ambiente. Poñer as lentes de realidade virtual permite viaxar polos cinco continentes, observar de preto e incluso tocar animais e plantas como axolotes, leoas, corais, acacias, focas e elefantes, entre outras moitas.
Deseñada polos irmáns Noela e Carlos Seijo, fundadores do estudo audiovisual galego Maxina, a experiencia recrea os ecosistemas de nove lugares do planeta empregando elementos de realidade virtual e aumentada. Esta tecnoloxía permite, coas lentes postas, ver en todo momento o mundo físico ao redor e moverse de maneira segura polo espazo. Sobre esta realidade física, desprégase unha natureza dixital vibrante que se ilumina desde o interior para mostrarse á vez fermosa e vulnerable e espertar a empatía dos visitantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?