Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os centros tecnolóxicos galegos medran en ingresos e emprego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os centros tecnolóxicos galegos medran en ingresos e emprego

Redacción
Publicado: 11/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250411encontroatiga_1_.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, participou esta mañá na presentación dos resultados de 2024 da Alianza Tecnolóxica Intersectorial Galega (ATIGA), composta polos centros tecnolóxicos AIMEN, Anfaco, CETIM, CTAG, Energylab, Gradiant e ITG. Acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, o conselleiro felicitou aos sete centros polo notable crecemento experimentado durante o ano, especialmente en termos de facturación, xeración de emprego e participación en proxectos de I+D.
20250411encontroatiga_3_.jpg Román Rodríguez sinalou que «este é o camiño a seguir: mellorar os indicadores e facer de Galicia un referente en I+D+i», ao tempo que reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia co labor dos centros tecnolóxicos como axentes clave na transferencia de coñecemento ao tecido produtivo. De feito, no 2024 o Goberno galego destinou arredor de 18,7 millóns de euros a estes sete centros mediante convocatorias competitivas, como as dirixidas ao fortalecemento e ampliación de capacidades, proxectos de I+D+i no marco do programa Fábrica Intelixente e Sustentable, ou contratos-programa para sufragar os seus gastos estruturais. Entre as actuacións máis destacadas atópase a axuda concedida para a construción dun novo centro de fabricación intelixente de AIMEN e dun novo edificio do CTAG enfocado no futuro da automoción, ambos situados no Porriño.
20250411encontroatiga_4_.jpgAdemais, a Consellería de Ciencia colabora con Atiga no impulso da transferencia de coñecemento e na proxección internacional da I+D+i galega mediante un convenio que leva mobilizados preto de 1,1 millóns de euros desde 2015. De cara aos próximos anos, o novo Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 contempla seguir dotando aos centros tecnolóxicos de recursos para gastos estruturais e infraestruturas, así como a súa participación no resto de convocatorias. Como novidade, co obxectivo de mellorar as sinerxías e complementariedades entre os distintos axentes do ecosistema innovador, impulsaranse proxectos piloto colaborativos entre centros tecnolóxicos e centros de investigación galegos.

Balance de resultados de 2024

20250411encontroatiga_2_.jpgEn canto aos datos presentados, salientan o incremento do 19% na facturación global dos sete centros, que acadou os 125,7 millóns de euros, e o aumento do 17% no emprego, cun total de 2.023 profesionais. Pola súa parte, Atiga informou de que no ano 2024 se desenvolveron 524 proxectos de I+D, dos cales 187 foron de ámbito europeo ou internacional, 148 a nivel estatal e 80 no eido autonómico. Ademais, os centros integrantes da alianza lograron captar 18,26 millóns de euros en retornos procedentes de programas europeos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?