Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aberta a convocatoria de axudas para empresas de base tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aberta a convocatoria de axudas para empresas de base tecnolóxica

Redacción
Publicado: 22/04/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

As axudas autonómicas para impulsar iniciativas de base tecnolóxica (IEBT) poderán solicitarse ata o 30 de setembro segundo recolle a convocatoria deste ano, publicada no Diario Oficial de Galicia, que conta cun orzamento de medio millón de euros para cubrir os gastos das persoas emprendedoras durante o seu primeiro ano de actividade. Estímase que ata 21 proxectos poidan beneficiarse desta iniciativa.
A convocatoria inclúe apoios económicos para favorecer o lanzamento das iniciativas en catro ámbitos: creación directa de emprego estable, posta en marcha da actividade, apoio á función xerencial e conciliación da vida persoal, laboral e familiar. As achegas poderán acadar os 24.000 euros para a creación de emprego estable, os 30.000 para o inicio da actividade e os 12.500 para apoiar a función xerencial. No caso das cooperativas ou sociedades laborais, a axuda verase incrementada nun 25 %. En canto á liña de conciliación, poderá chegar ata os 3.000 euros.
A axuda mínima por persoa desempregada incorporada para a creación de postos de traballo indefinidos durante o primeiro ano de funcionamento será de 6.000 euros, podendo alcanzar os 8.000 se a persoa traballadora é menor de 30 anos, maior de 52, muller, emigrante retornada ou estranxeira. Ademais, as achegas poderán incrementarse nun 25 % adicional acumulable se o centro de traballo está localizado nun concello rural, entre outras circunstancias.
Os gastos de posta en marcha abranguen aqueles derivados de servizos de notaría e rexistro, compra de materias primas, alugueiro de locais ou equipamentos, seguros, publicidade e páxinas web. No que respecta aos apoios á conciliación, estes permitirán cubrir ata o 75 % dos custos dos servizos de atención a menores, persoas maiores ou dependentes que contraten as persoas promotoras dos proxectos. Os apoios á función xerencial inclúen achegas para a formación empresarial e/ou para a contratación externa de análises, estudos ou informes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?