Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Residencias Artísticas no Gaiás ábrense ás artes dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Residencias Artísticas no Gaiás ábrense ás artes dixitais

Redacción
Publicado: 24/04/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

241001018.jpgA Xunta de Galicia convoca por cuarto ano consecutivo as axudas ao desenvolvemento de proxectos artísticos no marco das Residencias Artísticas do Gaiás, que, como novidade, incorporan as artes dixitais entre as disciplinas creativas que poden optar á convocatoria, xunto coas artes escénicas, visuais, a música e o deseño.
As artes dixitais entran a formar parte desta convocatoria como parte da aposta da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude por dar impulso ao talento galego nunha área cun enorme potencial de desenvolvemento e gran demanda por parte do público. Experiencias inmersivas e interactivas, obras baseadas en procesamento de datos, ou videomapping son algúns exemplos de proxectos que poderán optar ás axudas e incluso chegar a fornecer o Centro de Artes Dixitais de Galicia que se está a construír no Gaiás.
En total, ofértanse seis axudas dotadas con 8.000 euros cada unha. O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o 23 de maio de 2025 e efectuarase, obrigatoriamente, por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Ademais do apoio económico, os beneficiarios contarán cun espazo para traballar no seu proxecto na Cidade da Cultura durante un período de entre tres semanas e mes e medio. Nese tempo disporán, igualmente, de recursos técnicos e humanos propios do Gaiás e mentorización na área creativa á que se ligue a proposta.
As residencias artísticas desenvolveranse entre os meses de setembro e novembro de 2025, e ao remate das mesmas realizarase unha presentación do resultado obtido, nun encontro aberto co público. Ademais, valorarase a posibilidade de que os proxectos poidan formar parte do programa cultural da Cidade da Cultura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?