Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os proxectos do programa Ignicia levan captados máis de 27 millóns de euros en investimentos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os proxectos do programa Ignicia levan captados máis de 27 millóns de euros en investimentos

Redacción
Publicado: 24/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

250424_ignicia_x-1.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, mantivo hoxe un encontro con representantes de oito empresas creadas ao abeiro do programa Ignicia, un dos principais instrumentos da Xunta de Galicia para facilitar a transferencia efectiva do coñecemento xerado na investigación cara á sociedade. Esta iniciativa promove a creación de novas empresas derivadas e acordos de licenza para a comercialización de tecnoloxía desenvolvida en Galicia.
Desde a súa posta en marcha en 2016, o programa ten apoiado 32 proxectos cun investimento de 17 millóns de euros, dos cales xurdiron 11 empresas derivadas e tres acordos coa industria, e hai actualmente 15 proxectos en fase de desenvolvemento comercial. En conxunto, estes proxectos empregan a máis de 150 profesionais altamente cualificados e teñen captado máis de 27 millóns de euros de financiamento público e privado, tanto a nivel estatal como internacional.
O conselleiro salientou o papel estratéxico do programa como ponte entre a investigación de excelencia e o tecido empresarial, facilitando a conversión do coñecemento científico en solucións con aplicación no mercado. «Esta convocatoria ten un gran potencial para apoiar o emprendemento innovador e de base científico-tecnolóxica, dado que a maioría dos proxectos prevén a creación de empresas derivadas como vía de comercialización», sinalou Rodríguez. Engadiu ademais que «isto permite valorizar economicamente os resultados da investigación, crear emprego cualificado e atraer investimento público e privado cara Galicia».
250424_ignicia_x-4.jpg O encontro contou coa participación de representantes das empresas Alén Space, Alice Biometrics, Artificial Intelligence Indestia, Celtarys Research, Diversa Technologies, inVerbis Analytics, Libera Bio e Sense Aeronautics. Con esta reunión, a Xunta quere poñer en valor o programa Ignicia como un exemplo de éxito na transferencia de coñecemento e na xeración de innovación na Comunidade, así como visibilizar o potencial competitivo de Galicia a nivel internacional, destacando a súa capacidade para liderar tecnoloxicamente e contribuír ao seu desenvolvemento económico.
Esta convocatoria insírese nas medidas promovidas pola Consellería para impulsar a colaboración estratéxica e a transferencia de coñecemento, recollidas no Plan galego de Investigación e Innovación 2025-2027, que conta cun orzamento superior aos 52 millóns de euros. Ignicia constitúe unha das ferramentas principais da Xunta neste ámbito e desenvólvese a través de dúas liñas complementarias: a convocatoria de axudas e outras accións orientadas á valorización do coñecemento, como a formación de profesionais da transferencia, seguimento de indicadores ou accións para mellorar o posicionamento do programa a nivel rexional, estatal e internacional.

Nova convocatoria: Ignicia Proba de Concepto

O vindeiro luns publicarase no Diario Oficial de Galicia a quinta edición da convocatoria Ignicia Proba de Concepto, dotada con 4 millóns de euros, coa que se prevé apoiar entre 8 e 10 novos proxectos, que se sumarán aos 32 xa impulsados en edicións anteriores.
Esta liña de axudas está dirixida a organismos de investigación galegos, como as universidades públicas, centros tecnolóxicos, centros do CSIC en Galicia ou fundacións sanitarias. Os proxectos deberán demostrar capacidade para xerar retornos económicos e ter como obxectivo a comercialización dos resultados da investigación. A selección realizarase en dúas fases e os proxectos comezarán a executarse a principios de 2026, cunha duración estimada de dous anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?