Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Meta AI estrea aplicación móbil de seu
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Meta AI estrea aplicación móbil de seu

Redacción
Publicado: 29/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

meta-ai-app_header.jpgMeta vén de presentar a súa nova aplicación móbil de intelixencia artificial, Meta AI, construída sobre a tecnoloxía do modelo Llama 4, conseguindo así que a intelixencia artificial de Meta teña unha entidade de seu. A nova ferramenta xa está dispoñible para iOS e Android, e representa unha extensión da IA que millóns de persoas usan diariamente a través de WhatsApp, Instagram, Facebook e Messenger. A diferenza destas integracións, a aplicación móbil ofrece unha experiencia centrada exclusivamente na conversa por voz cun asistente personalizado.
Un dos principais atractivos da aplicación móbil é a súa capacidade para manter conversacións naturais e relevantes grazas á potencia do modelo Llama 4. Segundo Meta, o asistente aprende dos hábitos e preferencias do usuario para ofrecer respostas máis útiles e adaptadas ao contexto. Ademais, permite realizar accións como xerar e editar imaxes simplemente falando ou escribindo.
A aplicación tamén incorpora unha demostración dunha nova tecnoloxía de voz en full dúplex, que permite que o asistente fale de xeito continuo e natural, sen ler respostas escritas. Esta funcionalidade, que aínda está en fase de probas, está dispoñible unicamente nos Estados Unidos, Canadá, Australia e Nova Zelandia.
Meta AI conta cun feed de descubrimento, un espazo no que os usuarios poden explorar e compartir como utilizan a intelixencia artificial, así como descubrir os comandos máis populares e adaptalos ás súas necesidades.
A aplicación móbil está deseñada para integrarse con outros dispositivos de Meta, como as Ray-Ban Meta (de feito, pode considerarse un rebranding da aplicación que se empregaba para conectar as lentes ao móbil). Esta integración facilitará a transición entre dispositivos e a continuidade nas interaccións coa IA.
Meta destaca que a personalización é unha das chaves da nova aplicación móbil. Os usuarios poden indicar ao asistente que lembre determinados gustos ou intereses, como a paixón por viaxar ou aprender idiomas, e Meta AI poderá empregar información compartida nas contas de Facebook e Instagram (sempre que estean conectadas ao Centro de contas) para ofrecer respostas máis axustadas ao perfil de cada persoa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?