Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: WhatsApp supera os 3 mil millóns de usuarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

WhatsApp supera os 3 mil millóns de usuarios

Redacción
Publicado: 02/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

487449903_694129142950894_8569936442091368455_n.jpgDurante a presentación de resultados de Meta relativos ao primeiro trimestre do ano, o director xeral da compañía, Mark Zuckerberg, salientou a importancia crecente de WhatsApp no ecosistema da compañía. A plataforma de mensaxería superou xa os 3.000 millóns de usuarios activos mensuais (o que supón un crecemento impresionante fronte aos 2.000 millóns de usuarios que tiña en 2020), aínda que nos EE.UU. se limite a pouco máis de 100 millóns de usuarios.
Consideran que a mensaxería podería converterse no vindeiro piar do seu negocio, e como mostra dixo Zuckerberg sinalou que, en países como Tailandia e Vietnam, onde o custo laboral é baixo, WhatsApp xa se consolidou como canle de comercio directa entre empresas e consumidores. Estes mercados, malia estar entre os 30 primeiros do mundo por PIB, sitúanse entre os 10 ou 11 primeiros por ingresos para Meta, grazas ao uso intensivo da mensaxería como ferramenta de negocio. A compañía cre que a intelixencia artificial permitirá estender este modelo a países desenvolvidos, onde ata agora non era rendible debido ao alto custo da man de obra.
Nos vindeiros anos, Zuckerberg prevé que «toda empresa terá un axente de IA para atención ao cliente e vendas, igual que hoxe teñen un correo electrónico ou unha web». Meta está a traballar para que este proceso de implantación sexa «sinxelo e automatizado», aproveitando a información que as empresas xa teñen nas súas plataformas.
Durante a presentación ante os investidores, a directora financeira de Meta, Susan Li, engadiu que Meta está probando xa estes axentes de negocio con empresas seleccionadas en WhatsApp e Messenger, centrados nun inicio na venda de produtos e servizos. Estes axentes poden adestrarse co contido das páxinas web, perfís e páxinas sociais das empresas e tamén se están a integrar en anuncios de Facebook e Instagram.
Ademais, WhatsApp está a liderar o uso de Meta AI, a intelixencia artificial da compañía, dentro da súa familia de aplicacións. Segundo Susan Li, a maior parte das interaccións con Meta AI prodúcense en conversas un a un dentro de WhatsApp, onde os usuarios a empregan para buscar información, redactar textos ou manter conversas sociais.
Con esta nova orientación, WhatsApp avanza no seu proceso de transformación, buscando pasar de ser unha ferramenta de mensaxería privada a un ecosistema comercial sustentado na intelixencia artificial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?