Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A lingua galega tamén ten o seu espazo en TikTok
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A lingua galega tamén ten o seu espazo en TikTok

Redacción
Publicado: 08/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galegosnotiktok_vertical2.jpgTikTok asegura estar a celebrar o Día das Letras Galegas 2025 destacando o crecente protagonismo do galego na súa plataforma, especialmente no seu coñecido feed Para Ti. Segundo sinalan, a dedicación deste ano ao cancioneiro popular galego e á transmisión oral do patrimonio cultural encaixa «perfectamente coa comunidade de TikTok», onde milleiros de persoas comparten aspectos das súas culturas para que outros as coñezan e valoren.
A plataforma salienta que vídeos relacionados coa historia da emigración galega ou recomendacións de lectura en lingua galega están a chegar a unha audiencia global de máis de mil millóns de persoas, grazas a cancelos como #galego (con máis de 43 mil publicacións) e #galegosnotiktok (con máis de 32 mil).

Unha oportunidade para o pequeno comercio galego

clarion_cantareiras.jpgAdemais da vertente cultural, TikTok subliña o seu papel como ferramenta útil para as pequenas e medianas empresas galegas que desexan ampliar a súa presenza dixital. En España, a plataforma conta con 21,9 millóns de usuarios e, segundo un estudo de InSites Consulting, o 70 % dos usuarios sente que os produtos das pemes son máis persoais, mentres que un 61 % considera que son máis axeitados como agasallo para ocasións especiais.
Como exemplo galego, destacan o caso da Libraría Clarión, unha libraría situada en Carballo e rexida por Eva, quen leva máis dun ano compartindo recomendacións de libros en galego e o seu día a día na plataforma, interactuando coa comunidade. Segundo explica, dende o verán de 2024, dúas ou tres persoas que ven o perfil cada día encárganlle produtos ou visitan a libraría por referencias vistas en TikTok. Incluso recibe visitas de lugares afastados de Galicia e doutros puntos de España.
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, a libraría recomenda Cantareiras, un libro do historiador Xosé Manuel Varela e da súa filla Icía Varela, pandereteira e cantante. Eva destaca que se trata dun «traballo moi ameno pero detallado sobre as cantareiras tradicionais da nosa rexión», que considera axeitado tanto para esta celebración como para calquera momento do ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?