Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa E-Dixgal adoptará un modelo híbrido
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa E-Dixgal adoptará un modelo híbrido

Redacción
Publicado: 08/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

250508_mar_ruedaprensa_mac-1.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, anunciou en convocatoria de prensa que a Xunta introducirá no curso 2025-2026 unha serie de melloras no programa E-Dixgal co propósito de avanzar cara a un modelo educativo híbrido, que combine en equilibrio o uso das novas tecnoloxías e os materiais impresos. Entre outras medidas, dotaranse os centros E-Dixgal de libros de texto, que se prestarán de xeito gratuíto ao alumnado en función da renda familiar.
A revisión e actualización do programa desenvolverase en dúas fases, a primeira das cales comezará en setembro, cun obxectivo claro: adaptar E-Dixgal á evolución pedagóxica e social. Este «primeiro paquete de melloras» irá ampliándose progresivamente e abrangue cinco grandes ámbitos identificados tras un exhaustivo traballo de campo con docentes e familias: contidos e materiais, formación do profesorado, benestar dixital do alumnado, seguridade e apoio ás familias, e optimización da xestión do programa.

Contidos
  • Aplicación progresiva e nova normativa
  • Novidades en libros e contidos dixitais
  • Medidas complementarias

Aplicación progresiva e nova normativa

A primeira fase das melloras comezará no curso 2025-2026 e terá continuidade no 2026-2027, coincidindo coa entrada en vigor da futura Lei de educación dixital, que regulará este modelo híbrido. Está previsto que o borrador do texto estea listo tras o verán, para iniciar a súa tramitación. Nese mesmo curso, tamén se licitarán novos contratos para editoriais que combinen contidos dixitais e impresos.

Novidades en libros e contidos dixitais

250508_mar_ruedaprensa_mac-5.jpgDesde setembro, os centros integrados en E-Dixgal poderán incorporar ata tres libros de texto en Primaria en materias de libre elección, combinando así manuais impresos con recursos dixitais. A Consellería facilitará a súa adquisición mediante fondos específicos e seguindo os criterios de renda xa existentes.
En Secundaria, onde xa se combinaban ambos tipos de recursos, tamén se habilitarán estas axudas. As familias con renda per capita igual ou inferior a 6.000 euros poderán recibir ata tres libros en Primaria e dous en Secundaria. As de entre 6.000 e 10.000 euros, ata dous libros en Primaria e un en Secundaria. Entre os 10.000 e os 30.000 euros, beneficiaranse de novas desgravacións fiscais.
Ademais, ampliarase a oferta de contidos dixitais a través da plataforma cREAgal, na que o profesorado comparte recursos propios. Incorporaranse tamén materias con contidos en inglés, a petición dos centros, e revisaranse os materiais existentes.

Medidas complementarias

O profesorado disporá dun itinerario formativo específico sobre o modelo híbrido, e tamén se elaborarán guías e recomendacións didácticas desde o Centro de Innovación Educativa e Dixital.
En canto ao benestar dixital, a Consellería iniciou a elaboración dun plan con expertos en pedagoxía, pediatría, psicoloxía e tecnoloxía, co obxectivo de previr o uso prematuro ou excesivo dos dispositivos e garantir un uso saudable nas aulas. A Sociedade Galega de Pediatría colaborará neste proceso.
NN eido da seguridade, reforzarase a formación do alumnado en navegación segura e protección da privacidade a través de programas como Iniciación segura á pegada dixital, Navega cun Rumbo ou Contigo na rede.
Finalmente, reforzarase a figura da persoa coordinadora de E-Dixgal, que disporá de redución horaria recoñecida, e melloraranse os sistemas técnicos de xestión e acceso aos contidos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?