Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto de ordenador cuántico de Barcelona investigado por malversación de fondos europeos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto de ordenador cuántico de Barcelona investigado por malversación de fondos europeos

Redacción
Publicado: 09/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

060225-lopez-morant.jpgA Fiscalía Europea abriu unha investigación por presunta malversación de fondos europeos no proxecto do primeiro ordenador cuántico de España, presentado oficialmente o pasado mes de febreiro. O proxecto, impulsado pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, contou cun financiamento inicial superior aos oito millóns de euros procedentes dos fondos Next Generation da Unión Europea.
Segundo adiantou El Confidencial, axentes da UDEF da Policía Nacional rexistraron este mércores o Centro de Supercomputación de Barcelona (BSC), sede do computador desde setembro de 2024, onde requisaron documentación relacionada coa xestión do financiamento europeo. Polo momento, non se produciron detencións.
060225-primer-ordenador-cuantico-infografia.jpg A investigación parte dunha denuncia e céntrase na posible existencia de irregularidades no procedemento de licitación, así como no destino final dos fondos públicos. O contrato actual, cun valor estimado de 8,5 millóns de euros e unha duración de catro anos, foi adxudicado a unha UTE formada pola startup Qilimanjaro Quantum Tech e o grupo tecnolóxico GMV.
O proxecto, integrado na iniciativa europea EuroHPC Joint Undertaking, pretende colocar á UE na vangarda da computación de alto rendemento e conta con seis centros anfitrións, entre os cales se atopa o BSC. En España, o programa denomínase Quantum Spain e a súa implementación pretende dotar o país dunha infraestrutura sólida de computación cuántica conectada á Rede Española de Supercomputación.
A actuación da Fiscalía Europea (un órgano autónomo da UE con competencias exclusivas en casos de delitos contra o orzamento comunitario) pon agora en cuestión a xestión dos recursos neste ambicioso proxecto estatal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?