Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha empresa española desenvolve a tecnoloxía de navegación para a Lúa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha empresa española desenvolve a tecnoloxía de navegación para a Lúa

Redacción
Publicado: 09/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gmv_test_lupin_rover.jpgA multinacional tecnolóxica de orixe española GMV presentou esta semana en La Oliva (Fuerteventura) o proxecto LUPIN (Enabling High-Performance PNT in the Lunar Environment), unha innovadora iniciativa da Axencia Espacial Europea (ESA) destinada a desenvolver un sistema de navegación para a superficie lunar semellante ao GPS terrestre. O sistema, que permitirá a localización precisa de róveres e astronautas, aspira a converterse nunha ferramenta equiparable a Google Maps para misións espaciais.
O proxecto insírese no marco do Programa de Innovación e Apoio á Navegación (NAVISP) da ESA e ten como obxectivo validar un prototipo capaz de procesar sinais simulados do futuro Lunar Communication Navigation System (LCNS), unha infraestrutura orbital de navegación e comunicación arredor da Lúa. As probas de campo, realizadas entre o 27 de abril e o 8 de maio en Fuerteventura, consistiron na simulación de condicións reais da superficie lunar, incluídas situacións de iluminación extrema ou escuridade total.
gmv_lupin_presentacion-lajares_grupo_ii.jpg A directora de estratexia e negocio espacial de GMV, Mariella Graziano, e o responsable do proxecto, Steven Kay, destacaron que se recolleron máis de 7 km de datos a velocidades que oscilaron entre 0,2 e 1 m/s. Graziano subliñou que «en GMV empuxamos os límites da tecnoloxía para facer que o futuro se converta en presente». Kay, pola súa banda, apuntou que se simularon diversas condicións topográficas e de iluminación, incluíndo probas nocturnas co róver iluminado unicamente polos seus propios focos.
A navegación lunar actual enfróntase a importantes limitacións: a ausencia de satélites de posicionamento como os da rede GPS obriga ás misións a depender de sistemas inerciais, sensores ópticos e mapas dixitais incompletos. A toma de decisións en tempo real vese dificultada pola dependencia de comunicación directa coa Terra ou de satélites de retransmisión, o que provoca latencias significativas e zonas sen cobertura.
O sistema LUPIN pretende paliar estas carencias coa creación dunha infraestrutura autónoma de navegación lunar, permitindo rutas máis rápidas, precisas e eficientes. Reducirá a carga computacional dos róveres e, en consecuencia, as súas limitacións operativas, abrindo a porta a misións máis ambiciosas tanto automáticas como tripuladas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?