Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entréganse os galardóns dos IV Premios Escolares DígochoEu
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entréganse os galardóns dos IV Premios Escolares DígochoEu

Redacción
Publicado: 13/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ivpremiosdigochoeucrtvg13052025.jpgMáis de 500 escolares, mestres e familiares participaron esta tarde na gala de entrega dos IV Premios Escolares DígochoEu, celebrada na Cidade da Cultura e impulsada pola CRTVG coa colaboración da Xunta de Galicia. A cita, presentada por Esther Estévez e o reporteiro da TVG Óscar Cruz, reuniu centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia —e tamén doutros territorios nos que se imparte galego— nun evento que se consolidou como unha auténtica festa da lingua que será emitida pola Televisión de Galicia o Día das Letras Galegas (sábado 17 de maio, ás 12:00) e quedará dispoñible na plataforma dixital AGalega.gal.
lopez_campos_gq2czxwxyaarns0.jpg O CEIP Sagrada Familia da Coruña e o CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda foron recoñecidos co premio de Ouro nas categorías de Primaria e Secundaria, respectivamente. Na primeira categoría, completaron o podio o CEIP As Bizocas do Grove (Prata) e o CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol (Bronce). En Secundaria, tamén foron premiados o IES Fontem Albei da Fonsagrada (Prata) e o IES Eduardo Pondal de Ponteceso (Bronce).
250513_cultura_prmiosdigochoeu_mac-24.jpg Os galardóns recoñecen a calidade lingüística, a expresividade, a orixinalidade e a innovación dos vídeos en galego elaborados polo alumnado. O xurado estivo composto pola asesora docente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, María Manuela Leis Cambeiro, e polos creadores de contido Carla Núñez e Marcos López, da canle Todo mal.
Ao acto acudiu o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, poñendo en valor a “implicación e ilusión” que están a amosar as novas xeracións galegas por “facer medrar e prestixiar aínda máis o noso idioma”.
lopez_campos_gq2cyjlw8aaprcp.jpg O secretario xeral da Lingua, Valentín García, gabou a “gran calidade e orixinalidade” dos proxectos e salientou que este tipo de iniciativas permiten aos máis novos “crear e divertirse” usando o galego e o formato audiovisual, demostrando que ambas linguaxes son útiles e sen límites nin de idade nin de creatividade.
Neste contexto, López Campos cualificou o audiovisual como unha “ferramenta e aliada imprescindible” na que a Xunta está a apoiar con forza para reforzar o uso e prestixio do galego entre o alumnado. Destacou, por exemplo, a aposta pola plataforma audiovisual Xabarín, que ofrece unha ampla programación en galego dirixida á cativada, con centos de horas de música, cancións e series animadas. “Unha oferta que combina lecer, entretemento e aprendizaxe en galego, demostrando aos máis pequenos toda a diversión e calidade que pode ofrecer a nosa lingua”, subliñou.
lopez_campos_gq2crkkwuaaetof.jpg O conselleiro enmarcou estas accións no medio cento de medidas impulsadas este ano para fomentar o uso do galego. Entre elas, salientou as iniciativas orientadas a aproveitar as tecnoloxías e os espazos dixitais frecuentados pola mocidade, co obxectivo de dinamizar o idioma neste segmento da poboación e poñer en valor a súa utilidade.
Nesa liña, indicou que, ademais de continuar co desenvolvemento do Proxecto Nós para promover o galego no ámbito da IA, tamén se está a traballar na creación de novos produtos tecnolóxicos orientados á infancia e á mocidade, así como na colaboración con creadores de contido que contribúan a fortalecer os vínculos entre o galego e as xeracións máis novas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?